O CADERNO SOBRE A CORRESPONDENCIA DE ISAAC DÍAZ PARDO CON CARMEN BLANCO E CLAUDIO RODRÍGUEZ FER EN “GALICIA DIGITAL”

A publicación da Correspondencia con Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer de Isaac Díaz Pardo no centenario do nacemento do autor pon de manifesto o seu compromiso antifascista, a súa laboriosa eficiencia, a súa creatividade xenial e o seu carácter esencialmente xeneroso, sempre ao servizo das causas xustas e dos demais. Trátase do número 33…

Ler máis

Dispoñible o Caderno de Estudos Locais adicado a Manolo Crisanto

Xa está dispoñible en formato pdf o Caderno de Estudos Locais adicado a Manolo Crisanto. Este traballo editado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, foi coordinado por Rexina Basadre e Marisa Naveiro. En breve estará dispoñible en versión impresa, coincidindo co acto de presentación do novo número da revista Areal, que anunciaremos proximamente nesta web….

Ler máis

ISAAC DÍAZ PARDO. CORRESPONDENCIA CON CARMEN BLANCO E CLAUDIO RODRÍGUEZ FER

Xa dispoñible en papel en formato dixital un novo Caderno de Estudos Locais adicado a Isaac Díaz Pardo. Este caderno publica a correspondencia mantida entre Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, con Isaac Díaz Pardo. Podes acceder aos cadernos en papel nos vindeiros actos presenciais que convoque a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo (e que…

Ler máis

XA DISPOÑIBLE A EXPOSICIÓN DA AC IRMÁNS SUÁREZ PICALLO SOBRE ISAAC DÍAZ PARDO CON MOTIVO DO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO

Con motivo do Ano Isacc Díaz Pardo (2020) establecido para conmemorar o centenario do nacemento de Isaac Díaz Pardo, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo programou unha serie de actividades e publicacións. Entre elas unha exposición sobre a vida e obra deste polifacético artista. Desde aquí podes acceder á exposición completa en diferentes formatos. Ver exposición aquí. …

Ler máis

A A. C. IRMÁNS SUÁREZ PICALLO CELEBRA A SENTENZA DO PAZO DE MEIRÁS

  Desde a nosa organización, radicada en Sada, non podemos máis que celebrar unha sentenza que obriga á familia Franco a facer entrega do Pazo de Meirás ao Estado sen indemnización algunha. Sendo unha das nosas principais finalidades a recuperación da memoria das persoas que padeceron a represión franquista –como os propios irmáns Suárez Picallo–,…

Ler máis

RECOLLEMOS O PREMIO GABRIEL BARREIRO TOURAL “GARABATO” OUTORGADO A NOSA ASOCIACIÓN

  O domingo recollimos o premio Gabriel Barreiro Toural Garabato á conservación do patrimonio cultural, na XXI Mostra Internacional de Teatro Amador de Palas de Rei. O premio está dotado cunha obra de María Iglesias Gil e 1000 €. No mesmo acto Metátese Teatro representou a obra “Detrás das máscaras”. A A. C. Irmáns Suárez…

Ler máis

A A. C. IRMÁNS SUÁREZ PICALLO RECIBIREMOS ESTE DOMINGO O PREMIO GABRIEL BARREIRO TOURAL, “GARABATO”

Unha representación da asociación recollerá o premio o vindeiro día 30 en Palas de Rei. As Asociacións Culturais A orde das Donas e Cabaleiros do Priorato de Vilar de Donas “Os Lobos”, Alentía Teatro e Metátese Teatro veñen de comunicarnos a concesión, por unanimidade, do Premio Gabriel Barreiro Toural, “Garabato”. O galardón, que chega á…

Ler máis

A MULLER PLANTA

Vanesa Santiago Vázquez Adicado a Isabel Barcón e as súas mulleres-planta Unha vez fun unha muller-planta recuberta cunha manta de flores. Fun unha muller-planta e terra, das que son meigas e inventan novas cores. Xunto ao cheiro a cera dun día de febreiro, levaba comigo o arrecendo a mimosa. Mollaba as mans de zume e,…

Ler máis

THE OMEGA MAN

París Joel Pel de lúa, fría prata, pálida faciana, vento en popa cara a Oesternesse, terra hiperbórea de nubes preguiceiras, cansas dun encerro biolóxico, bélico, soterrado e travestido en simple néboa onde todos somos invisibeis, mazaias fronte o coronel Neville, gardián das rosas, dos caraveis, dos fusís.

Ler máis

AS NOITES DE LUA

Manuel Gonález Prieto Oíanse cantaruxadas con voz doce e suavemente disposta no teito arrolando a nena para que adormeza e non chore no repouso e no sono mesturando as cores na parede celeste dun pequeno cuarto onde monocorde repite a mesma cantarela até que descadra namentres alguén lle rouba o seu hedonismo ilustrado a noite…

Ler máis