EXPOSICIÓN IRMÁNS SUÁREZ PICALLO

O ano 2008 foi declarado institucionalmente por parte do Concello de Sada como o ano dos Irmáns Suárez Picallo. Coa finalidade de dar a coñecer as traxectorias destes dous sadenses ilustres, Ramón e Xohán Antón, creouse A comisión encargada de organizar unha serie de actos, que despois convertiriase na Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo


A exposición está composta por diferentes paneis temáticos: dez paneis biográficos, seis dedicados ás tres grandes etapas vitais de Ramón Suárez Picallo (a infancia e a emigración a Arxentina, a II República e a Guerra Civil e o exilio), dous nos que se reflicte a súa relación emocional coa súa Sada natal, e outros dous nos que se recolle a biografía do seu irmán Xohán Antón, galeguista e agrarista asasinado no 1936.
Podes a continuación ver os paneis da exposición ou descargarla en formato pdf
Descargar aquí exposición en


A Exposición foi inaugurada o 15 de maio de 2008 na Casa da Cultura Pintor Llorens de Sada

Composta por un total de 12 paneis, a exposición a complementaba unha colección de obxectos persoais colocados nunha vitrina, así como un folleto no que se reproduce o seu contido.

Rematada a presenza da exposición en Sada, percorreu posteriormente numerosos concellos de Galicia. En outubro dese ano envíase unha réplica da exposición a América, percorrendo Arxentina e Chile.

Os paneis da Exposición sobre os irmáns Suárez Picallo

Partillar