VÍDEOS

Grupo Los Españoles

Entre 1959 e 1968 o grupo “Los Españoles” tiveron un enorme éxito e da man do selo Polydor convertéronse no grupo galego máis internacional da súa época. Recorreron distintos países do mundo e incluso actuaron nos Xogos Olímpicos de Tokio en 1964 xunto cos Platters. Manuel Pérez “Lito” tocaba saxofón, clarinete, guitarra e violín. Marcelino López “Candelas” encargábase da batería, a trompeta e o violín. Antonio Moldes alternaba trompeta, guitarra, violín e baixo. O leonés Miguel Laiz tocaba piano e acordeón e José Luís Muñoz ocupábase de guitarra e baixo.

Manifesto Luísa Villalta

Xurxo Souto le por vez primeira en público o Manifesto Luísa Villalta. Capela de San Roque, Sada, 4 de maio de 2024. Acto organizado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.

Somos un pobo de artistas: o método Luísa Villalta

Xurxo Souto presenta o libro “Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta”.

Luísa Villalta. Así vou eu, formando parte

Presentación do libro “Luísa Villalta. Así vou eu, formando parte” por Eva Veiga, unha das autoras. Foi na capela de San Roque, Sada, o venres 26 de abril de 2024 nun acto organizado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.

Outra volta de rodicio

Presentación do poemario de Ricardo Seixo “Outra volta de rodicio” na capela de San Roque, Sada, en abril de 2024.

Día da República 2024

Homenaxe no concello de Sada a Jesús Castro Vidal, republicano de honra 2025. Ofrenda floral no monumento ás vítimas do franquismo en Sada. Ofrenda floral no memorial das vítimas do franquismo na Coruña. Cea da República.

Jesús Castro Vidal, republicano de honra

Breve presentación do Republicano de Honra 2024, Jesús Castro Vidal.

Exhumación dos restos de Rafael Fernández Casas, o mestre de Carnoedo

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo asistiu ao proceso de exhumación dos restos de Rafael Fernádez Casas, o mestre de Carnoedo. Este vídeo quere ofrecer os momentos máis decisivos dese proceso no que participaron tantas persoas. Anteriormente editamos un vídeo, “Na procura dos restos de Rafael Fernández Casas”, no que recollemos o proceso que se seguiu para localizar o posíbel lugar de enterramento no cemiterio parroquial de San Salvador de Trasanquelos, concello de Oza-Cesuras. A ACISP editou o número 37 dos Cadernos de Estudos Locais dedicado ao mestre de Souto asasinado o 20 de agosto de 1936.

Sobre rodas 2023

Montaxe coas fotografías da marcha solidaria “Sobre Rodas”, organizada polo Club Ciclista Sada, a Cruz Vermella, o Club Sada Patín, a Sociedad Cultural, Recreativa y Deportiva de Sada, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e o Club Atletismo Sada para recadar alimentos para o Banco de Alimentos da Cruz Vermella de Sada de cara á campaña do Nadal de 2023. Contou coa implicación directa do concello de Sada a través da concellería de Deporte, Educación e Xuventude.

Na procura da foxa de Rafael Fernández Casas

Proceso da busca no cemiterio de Trasanquelos (Oza-Cesuras) da foxa na que foi soterrado Rafael Fernández Casas, o mestre de Souto, en agosto de 1936.

Palestra sobre o museo Carlos Maside

Palestra desenvolvida o día dous de outubro de 2023 na Coruña para analizar a situación actual do Museo de Arte contemporánea Carlos Maside, sito no lugar do Castro, Sada. Interveñen Manuel Pérez Lorenzo (A.C. Irmáns Suárez Picallo) e Mercedes Queixas Zas (Parlamentaria do BNG). Acto organizado pola Asociación Alexandre Bóveda da Coruña e a A.C. Irmáns Suárez Picallo de Sada.

La pardo y los rusos

Presentación do libro “La Pardo y los rusos” da autoría de María Chups. Organizada pola A.C. Irmáns Suárez Picallo o día 2 de agosto de 2023 ás 20.30 horas na capela de San Roque, Sada.

Homenaxe ás vítimas do franquismo, 14 de abril de 2023

Ofrenda floral en lembranza das vítimas do franquismo celebrada en Sada pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo o día 14 de abril de 2023, data de conmemoración da proclamación da II República.

Os derradeiros días de Ulises e Penélope

Acto de presentación do libro de Rubén Anido Regueiro.

Presentación do número 25 da revista Areal

Acto de presentación do número 25 da revista Areal, a revista cultural de Sada editada pola AC Irmáns Suárez Picallo. Nesta ocasión amenizou o acto o grupo Tombalobos.

José María Montes

Acto de presentación do Caderno de Estudos Xerais editado pola AC Irmáns Suárez Picallo de Sada sobre a figura de José María Montes. Bicentenario do seu nacemento 1822-2022.

Ofrenda a Ramón Suárez Picallo 2022

Acto organizado pola Asociación Irmáns Suárez Picallo o 14 de outubro de 2022 no cemiterio do Fiunchedo, Sada.

Ofrendas florais en Meirás e Sada

Levada a cabo o 11/08/2022 en homenaxe ás vítimas do franquismo en Sada.

Luísa Villalta, paixón e compromiso

Documental de homenaxe a Luísa Villalta, apaixoada e comprometida con Galiza.

Meirás, un pazo para el caudillo

Presentación do novo libro de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo. O acto, organizado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, desenvolveuse na Capela de San Roque (Sada) o venres 8 de xullo de 2022. Unha obra imprescindíbel para coñecer a historia do Pazo de Meirás.

Ofrenda ás vítimas do franquismo. 14 de abril de 2022

Acto organizado pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo en Sada o 14 de abril de 2022.

Conversas con Jesús Castro Vidal

Reportaxe realizada pola Comisión de Audivisuais da A.C. Irmáns Suárez Picallo na que se recollen varias conversas con Jesús Castro Vidal, que fai un pequeno repaso da súa interesante vida.

Regreso a Sada de Ramón Suárez Picallo

O ano 2008 foi declarado polo Concello de Sada como “Ano Irmáns Suárez Picallo”. Como colofón aos actos programados repatriouse a Sada os restos de Ramón Suárez Picallo. Ese era o seu desexo. O de descansar no cemiterio do Fiunchedo.
Os actos de exhumación do cemitero da Chacarita en Bos Aires, e regreso a Sada, foron organizados pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia exercida daquela por Anxo Quintana, e contou coa colaboración do Concello de Sada que daquela presidía como alcalde, Abel López Soto.

Son do Mar

Montaxe audiovisual que reproduce dun xeito sinxelo o roteiro “Son do Mar” desenvolvido en Sada o domingo 27 de outubro de 2019 baixo a organización do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Golfo Ártabro Sur. Entre outras entidades, contou coa colaboración do IES Isaac Díaz Pardo, da Asociación Irmáns Suárez Picallo e do concello de Sada.  

Xosé Neira Vilas lembra a Ramón Suárez Picallo

O 23 de marzo de 2014 visitamos a Fundacion Xosé Neira Vilas en Gres (Vila de Cruces) onde o mesmo Neira Vilas nos recibiu con inmenso agarimo, lembrando a continuación a Ramón Suárez Picallo. recibiu con inmenso agarimo, lembrando a continuación a O 23 de marzo de 2014 visitamos a Fundacion Xosé Neira Vilas en Gres (Vila de Cruces) onde o mesmo Neira Vilas nos recibiu con inmenso agarimo, lembrando a continuación a Ramón Suárez Picallo.  

Ramón Suárez Picallo e Ramón Otero Pedrayo en América. II

Ramón Suárez Picallo e Ramón Otero Pedrayo en América. II (As nosas voces, 4) Gravación sonora 1 casete Edición orixinal: 1994. Consello da Cultura Galega

Documental sobre a figura de Manuel Lugrís Freire

Espazos naturais de Sada: A. C. Irmáns Suárez Picallo

Esta montaxe de fotografías foi realizada pola A. C. Irmáns Suárez Picallo coa intención de divulgar os valores medioambientais e paisaxísticos do noso municipio. Sada alberga espazos de gran interese, como poidan ser o humidal de As Brañas, a costa de Fontán a Veigue e diversas áreas arboradas do interior. Todos eles caracterízanse por teren sufrido o acoso dun urbanismo mal planificado e profundamente irrespectuoso, mais conservan valores que os fan susceptibles de atención, estudo e conservación.

Ramón Suarez Picallo: A derradeira viaxe

Un documental sobre a vida de Ramón Suárez Picallo

Roteiro e magosto en Fontán: historia do Castelo de Fontán (18/11/2012)

Durante este roteiro-magosto organizado pola Plataforma en Defensa da Ría de Sada, Manuel Pérez, da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, fálanos sobre a historia do Castelo de Fontán.

Acto de clausura don ano cultural Lugrís Freire

Breve recordatorio do acto de clausura do Ano Cultural Manuel Lugrís Freire desenvolvido na Casa da Cultura Pintor Lloréns de Sada, o día 14 de febreiro de 2014. No transcorrer do acto estreouse un documental sobre Lugrís Freire realizado por GallaeciaFilmes en coprodución con Genetic Films e a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.

Fontes e lavadoiros no concello de Sada

É un documental que nos ofrece un sinxelo percorrido polas fontes e lavadoiros máis importantes do concello de Sada. Conta cos testemuños das veciñas e dos veciños de Sada que viviron a época na que parte da vida cotiá das aldeas, da vila se realizaba ao seu abeiro. Hainas artísticas, abandonadas, restauradas…, e todas conservan a humilde beleza do noso.Este documental foi producido e realizado por “Gallaecia Filmes” (produtora de audiovisuais do Equipo de Dinamización da Lingua Galega), dentro do “Proxecto DCine” desenvolvido no IES Isaac Díaz Pardo de Sada

O mar é noso. Defendámolo. Sada tamén vive no mar

Video confeccionado con motivo dos actos reivindicativos en defensa do sector do Cerco. Proxectouse na lonxa de Sada o 8 de novembro de 2015 con motivo da celebración en Sada dunha masiva manifestación de apoio ao sector pesqueiro.
O video titulase “Historia da pesca en Sada”. Fai un percorrido fotográfico pola historia pesqueira sadense.

Partillar