A MULLER PLANTA

Vanesa Santiago Vázquez
Adicado a Isabel Barcón e as súas mulleres-planta

Unha vez fun unha muller-planta
recuberta cunha manta de flores.
Fun unha muller-planta e terra,
das que son meigas e inventan novas cores.
Xunto ao cheiro a cera dun día de febreiro,
levaba comigo o arrecendo a mimosa.
Mollaba as mans de zume e, ao meu paso,
escoitaba crocar esmorecidos pétalos de rosa.
Bañábame nun balde de cinc prateado
contando as sete herbas da Noite de San Xoan.
Unha vez fun, nunca deixei de selo, muller-planta,
e semento, desenraizada e chea de vida, un novo alborexar.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *