Un pouco de historia
A Comisión Irmáns Suárez Picallo nace en Sada no ano 2007 co fin de organizar un programa de actos para todo o ano 2008, logo de ser declarado institucionalmente polo Concello de Sada como Ano dos Irmáns Suárez Picallo.
Ao longo deste tempo, promovéronse dous ciclos de xornadas en torno a Ramón e Xohán Antón Suárez Picallo, así como varias publicación.
Desdes a AC Irmáns Suárez Picallo constinuamos a desenvolver todo tipo de actividades culturais, tanto ligadas a Sada como de carácter xeral, así como de recuperación da memoria histórica democratica.
Os fins principais da AC Irmáns Suárez Picallo
A recuperación histórica de sadenses ilustres, que por seren vítimas da represión franquista, as súas vidas, os seu pensamento e as súas obras son escasamente coñecidas, mesmo na terra onde naceron e, en moitos casos, onde viviron. O noso punto de partida foron os irmáns Juan Antonio e Ramón Suárez Picallo. Promover o seu recoñecemento social e político na sociedade actual.
A investigación da historia de sadenses ilustres, a recompilación da súa obra e a súa difusión.
A creación de pontes de comunicación e intercambio cultural con aquelas persoas, institucións e asociacións dentro de Galiza e nas comunidades galegas do exterior, con fins similares.
A produción, difusión e distribución de bens, servizos e produtos culturais propios, se fose necesario.
A xestión e conservación do fondo de arquivos, que subsidiariamente se apoiarán no Arquivo do Reino de Galiza, Biblioteca Pública Municipal “Ramón Suárez Picallo” de Sada e noutras entidades.
Actividades principais da AC Irmáns Suárez Picallo
Actos e actividades de dinamización social e cultural
Edición, producción e distribución de materiais culturais propios en calquer formato.
Edición e mantemento dun portal de comunicación na rede (areal.gal)
Proxectos de cooperación con outros colectivos sociais e culturais.
Pedir e xestionar no seu caso con total transparencia , subvencións de organismos públicos ou entidades privadas que puidesen colaborar para a realización de actividades
Os principios e actividades principais están recollidas nos Estatutos da Asociación que podes consultar integramente neste apartado.
Transparencia
CONTABILIDADE E MEMORIAS DE ACTIVIDADES DA ASOCIACIÓN
Nos Estatutos da AC Irmáns Suárez Picallo figura que “as persoas directivas da Asociación deberán facer pública mediante a plataforma tecnolóxica, como mínimo, a información relativa aos actos de xestión administrativa con repercusión económica ou presupostaria”. Neste apartado podés acceder a esta información
As publicacións da AC Irmáns Suárez Picallo
Unha das actividades principais da AC Irmáns Suárez Picallo está na elaboración de publicacións.
Publicamos cadernos de estudos, dos que diferenciamos duas liñas. Os cadernos de estudos locais, centrados en aspectos sociais, políticos, históricos, culturais, etc
Tamén editamos a Revista Cultural de Sada “Areal”, cunha periodicidade semestral.
Todas estas publicacións son accesibeis ademais a través deste portal de internet (areal.gal)
Localización e contacto coa AC Irmáns Suárez Picallo
O enderezo da Sede da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo é o seguinte: Rúa A Lagoa nº 44. Portal nº 6. CP 15160. Sada
O noso CIF: G70150065
Podes contactar con nós escribindonos neste formulario o mandando as tuas mensaxes ao correo electrónico info@suarezpicallo.gal
A Xunta Directiva da AC Irmáns Suárez Picallo
Directiva actual. O luns 21 de febreiro de 2022 no Salón de Plenos do Concello de Sada de Sada tivo lugar a Asemblea anual da Asociación Cultural “Irmáns Suárez Picallo” na que se escolleu a seguinte Xunta Directiva:
Presidente Manuel Pérez Lorenzo
Vicepresidenta Mercedes Leobalde García
Secretario Abel López Soto
Vicesecretario Rubén Anido Regueiro
Tesoureiro Carlos R. Babío Urkidi
Vogais Xose Anxo Seoane Cao, María Luisa Naveiro López, Estevo Rodríguez Liste, Laura Pita Campos e David García Pauwels