Colectivos de Sada
Asociación de Veciños da Obra
A historia de Sada non se podería entender sen a presenza, ao longo do tempo, de moi diferentes asociacións que intentaron conseguir as súas finalidades partindo dunha premisa inicial irrenunciábel: a unión da veciñanza. Nuns tempos en que talvez un dos fenómenos sociolóxicos máis relevantes sexa o culto -ás veces inconsciente- á individualidade e, por…

Club Ximnasia Sada
Claudia V. Lourido A comezos de outubro do ano 2023 o Club Ximnasia Sada abría as súas portas cun obxectivo moi claro: fomentar a práctica de ximnasia artística en Sada. Eva Riveiro, unha das adestradoras do club, afirma que a consolidación de Ximnasia Sada supuxo un «claro achegamento da ximnasia artística ás vidas de moitos…

O Club Ciclista Sada, a A.C. Irmáns Suárez Picallo e a A VV. da Obra buscamos a implicación de todas as asociacións de Sada para a elaboración dunha guía de rutas de sendeirismo e bicicleta
O Club Ciclista Sada, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e a Asociación de Veciños da Obra buscamos a implicación de todas as asociacións do concello de Sada para a elaboración do proxecto Sada, camiño a camiño, unha guía de rutas de sendeirismo e bicicleta de montaña na que queremos xuntar a actividade física e…

Eu no club de baloncesto Golfiños de Sada
Xacobe Anido Castro Xa hai uns anos que comecei a xogar ao baloncesto. Fíxeno grazas a uns compañeiros que daquela tamén tiñan o baloncesto como deporte e precisaban de min para poder formar unha nova categoría, xa que entón non había moitos xogadores e tampouco adestradores. Nos meus comezos non tiña nin idea de todo…

Club Ciclista Sada
O Club Ciclista Sada fundouse o 14 de febreiro de 2015 co nome Club Ciclista BTT Leones. O seu primeiro presidente foi Iván Gómez Suárez. Posteriormente tomou o relevo Miguel Franco e máis adiante Alejandro Santos. Nun primeiro momento foron doce os socios que formaron o club, practicaban fundamentalmente ciclismo de montaña, é dicir BTT…

Club Atletismo Sada
O Club Atletismo Sada (CAS) é unha sociedade privada sen fins de lucro, cuxo principal obxectivo é a práctica deportiva por parte dos seus asociados, así como a participación en competicións oficiais. É un Club novo, fundado no ano 1996, formado por catro sección: Atletismo, Triatlón (Trisada), Montaña (CAS Montaña) e Atletismo Adaptado. Nestes primeiros…

Aspace
ASPACE Coruña é unha ONL (organización sen fins de lucro) dedicada á atención de persoas con parálise cerebral. Tratase da única asociación especifica nesta discapacidade na provincia da Coruña, por iso conta con persoal especialmente cualificado na materia. Está situada en Sada dende 1983, concretamente no Casteliño, na parroquia de Osedo, se ben a súa…

As rapazas e rapaces do Club Taekwondo Sada, lectoras e lectores de Areal
Na mañá de hoxe entregamos volumes do novo número da nosa revista Areal na sede do Club Taekwondo Sada , no que se adica un monográfico sobre este colectivo dentro da sección “Colectivos de Sada”. Un pracer e un privilexio contar con lectores e lectoras de Areal tan nóveles.

Club Taekwondo Sada
O Club de Taekwondo de Sada, sito na sexta planta do hotel Alda Sada Marina, nace no ano 1999 co nome de Natural Sport Sada, ata que no presente ano se leva a cabo o cambio de denominación. O club comeza a súa andaina hai vinte e dous anos con trinta deportistas federados, e hoxe…

Sadanza
A Escola de Danza «Sadanza» da Sociedade de Sada nace en 2015 da man da súa directora Clara Losada con grande ilusión e, por suposto, con distintos obxectivos en función dos grupos e do alumnado, pero cunha intención global compartida por todos os que a integran: gozar a través da danza.

Asociación Cultural e Deportiva “A Meda”
Laura Fernández O 17 de xullo de 1991 inaugúrase o Centro de Xuventude do Castro (Casa do Pobo ou «Casita»). A este acto inaugural acudiu o alcalde e outros membros da corporación, así como numerosos veciños e veciñas da parroquia. A cinta simbólica foi cortada polo, daquela, veciño máis lonxevo: José Fernández, máis coñecido como…

Nova Troula
Os pobos que teñen, como Galicia, unha sensibilidade lírica tradicional que lle dá a súa paisaxe, o seu clima e a inxel humanidade das súas xentes, exprésano así, en música e en cántigas. Ramón Suárez Picallo (Sada, 1894-Buenos Aires, 1964) Nova Troula actuando no Festival Camiño do Verán Nova Troula nace en Sada no ano 2016…

Colectivos de Sada. A Peneira
Asociación A Peneira A asociación de discapacitados “Peneira” foi fundada no ano 1990. Eran anos nos que este tipo de entidades xurdían motivadas polo atraso na atención social e as demandas para o colectivo. Reclamacións como a eliminación de barreiras arquitectónicas ou a inclusión no mercado laboral eran as máis perentorias. Os comezos non foron…

Esperto. Movemento Cultural
Grupo Esperto ESPERTO é un movemento cultural que xermina en Sada no ano 2014 por iniciativa de catro amigos, que vai medrando ao carón da realización dunha curta chamada “ESPERTO” que foi presentada en Sada e Coruña. Foron xurdindo e estreitándose lazos entre artistas e como aos catro lles encanta a arte en xeral, se…

A CRUZ VERMELLA
Delegación Cruz Vermella de Sada AS ORIXES Cruz Vermella é unha Asociación Mundial, consecuencia do soño daquel prócer xenebrino chamado Henri Dunant, quen tras a actuación exemplar dos moradores do pobo de Castiglioni, en favor dos mortos e dos feridos na batalla de Solferino, traballou para axudar ás futuras vítimas doutras guerras e dos efectos…

ARMENTAL ‐ ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CARNOEDO
Asociación de Veciños de Carnoedo Armental Ao longo de 1979, e enmarcado polo contexto xeral de profundos cambios sociais en que se vivía, un grupo de veciños de Carnoedo promoven a creación dunha Xunta Xestora co obxectivo ulterior de xerar unha Asociación de Veciños. É así que, dende a convicción da necesidade de participación e…

ASOCIACIÓN CULTURAL MARIÑEIRA OS PATEXEIROS: DIFUNDINDO A CULTURA MARÍTIMA DE SADA E DE GALICIA
Asociación Cultural Mariñeira Os Patexeiros A ASOCIACIÓN No ano 2008 un grupo de amigos de Sada mercan un bote tradicional das Rías Altas e decídense a restauralo para navegar con el a vela. Será bautizado como o Arredemo. Tras unha rápida restauración, ese mesmo ano, e sen contar con ningún apoio, deciden participar no Festival…

A ASOCIACIÓN DE MÚSICA E DANZA TRADICIONAL QUEIROA OU A RIQUEZA DO NOSO LEGADO TRADICIONAL
Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa A Asociación de Música e Danza Tradicional Queiroa nace en novembro de 2002 no concello de Sada (A Coruña, Galicia, España), respondendo ás inquietudes dunha poboación que sempre tivo gran afección pola música tradicional e ao abeiro da iniciativa dun grupo de nais e pais do CEIP Pedro…

A DELEGACIÓN DE AS MARIÑAS DA SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL: DEZ ANOS ESTUDANDO, DIVULGANDO E DEFENDENDO O PATRIMONIO NATURAL DA COMARCA
Delegación de As Mariñas da Sociedade Galega de Historia Natural Inauguración da exposición no IES Isaac Díaz Pardo o día da presentación da delegación de As Mariñas da SGHN en maio de 2005 Pódese pensar que dez anos para unha asociación son poucos, pero o que si sucede é que pasan moi axiña. Esta Delegación da SGHN naceu…