A movida sadense dos 60 e 70. A discoteca Grecos, a derradeira testemuña

 Carlos Babío Urkidi A Xose Ramón Pena Martínez e Xoán Mallo pola colaboración na redacción deste artigo e os materiais achegados O pasado 1 de febreiro pechaba definitivamente as súas portas a discoteca Grecos tras 47 anos ininterrumpidos de funcionamento, nada ao abeiro do nacemento da movida sadense a finais dos 60. Este local rexentado desde a…

Ler máis

ARREDOR DE EMILIA CALÉ E AS SÚAS “HORAS DE INSPIRACIÓN”

Montse Pena Presas Moitas páxinas ten ocupado a fértil traxectoria literaria de Emilia Pardo Bazán, pero quizais demasiadas poucas aparecen centradas na coñecida como «a outra Emilia», Emilia Calé Torres (1837-1908), coetánea da primeira e coincidente tamén con ela na súa vinculación coas terras das Mariñas e, máis en concreto, coa vila de Sada. Polo menos…

Ler máis

EXPOSICIÓN “AS MIRADAS DE ISAAC”. CENTENARIO DE ISAAC DÍAZ PARDO. Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura

Xosé Díaz Arias de Castro Autorretrato de Isaac Díaz Pardo.      Imaxe cedida por Xosé Díaz             A exposición «As miradas de Isaac», proxectada polos seus fillos Camilo e Xosé Díaz Arias para conmemorar o centenario do seu nacemento, ideouse para comunicar a desbordante personalidade deste polifacético creador, sempre desde unha visión…

Ler máis

Carlos R. Silvar: “Foi un orgullo participar nun proxecto erguido por Seoane e Díaz Pardo”

Redacción   No contexto do centenario de Isaac Díaz Pardo, entrevistamos a Calros R. Silvar. Debuxante, ilustrador, humorista gráfico, divulgador ambiental, escritor… Durante 30 anos desenvolveu a súa traxectoria profesional como deseñador cerámico do Grupo Sargadelos, na factoría do Castro, o que o levou a vivir en Sada e a participar activamente en diferentes proxectos…

Ler máis

PRESENTACIÓN DO Nº 17 DOS CADERNOS DE ESTUDOS XERAIS DEDICADO A RICARDO CARVALHO CALERO

Compartimos íntegro o coloquio virtual de onte con Pilar García Negro e Henrique Rabuñal en torno á figura de Ricardo Carvalho Calero, no que se presentou o nº dos Cadernos de Estudos Xerais da A. C. Irmáns Suárez Picallo dedicado ao autor homenaxeado no Día das Letras Galegas. Podes descargar aquí o Caderno adicado a…

Ler máis

GRAVACIÓNS HISTÓRICAS. UNHA SECCIÓN DE SERGIO MODIA

Abrimos unha sección de gravacións históricas en areal.gal recollendo o xeneroso ofrecemento de Sergio Modia, que nos proporcionou os audios, dixitalizados por el mesmo, dun bo número de discos que forman parte da súa colección.  Nesta selección atoparedes, fundamentalmente, gravacións en discos de 78 RPM de música galega efectuadas nas primeiras décadas do s. XX. Ver sección de gravacións…

Ler máis

VOLTAREMOS

A crise do coronavirus fai que atravesemos por momentos complicados para todos e todas, especialmente para sectores como o pequeno comercio ou a hostalería, que fan parte fundamental da economía de #Sada. Por iso, agradécense iniciativas tan oportunas coma Voltaremos, posta en marcha por varias persoas da nosa localidade para poñer a disposición da veciñanza bonos…

Ler máis