FUXIDOS E GUERRILEIROS NOS MONTES DE CASAIO
Sputnik Labrego escavará de novo nos montes de Casaio en 2021, por derradeira vez, os vestixios da ‘Ciudad de la Selva’, cuxa historia cobrará ademais forma de documental, incluíndo secuencias de animación. Para sufragalo, abriu hoxe unha campaña de micromecenado.