(Unha noite) na eira das letras. Syra Alonso. Diarios. Diario de Actopan (achega emocional)
Cris Asensio Fernández 1. OS ARTISTAS, VÍTIMAS DO TERROR Ah, Francisco Miguel! Tiña tantas esperanzas na túa arte, na nosa vida… (Alonso, Diarios, 2000: 301). O pintor vangardista Francisco Miguel Fernández Díaz (A Coruña, 1897), casado con Syra Alonso Brufau, converteuse nunha vítima máis da represión exercida pola ditadura franquista. O seu cadáver apareceu en…
Revolucionando o Futuro: a intervención artística de Isaac Díaz Pardo na campaña do Plebiscito do Estatuto de Galicia en 1936
Iria-Friné Rivera Vázquez A intervención artística realizada por Isaac Díaz Pardo (1920-2012) durante a campaña do Plebiscito do Estatuto de Galicia constitúe unha das obras máis innovadoras de toda a arte galega (fig. 1). Díaz Pardo tiña quince anos cando levou a cabo o deseño e execución desta instalación, que formaba parte do programa publicitario…
Entidades sociais galegas reclaman unha sentenza para condenar aos Franco a indemnizar ao patrimonio público por posesión de mala fe e ilegal do Pazo de Meirás
Diante do sinalamento polo Tribunal Supremo para votación e fallo da sentenza definitiva para o vindeiro día 19 de febreiro ás 10:00 horas sobre a propiedade do Pazo de Meirás, as entidades e colectivos sociais, culturais e memorialistas asinantes, queremos lembrar e manifestar o seguinte: 1.- Un proceso que non sería posíbel sen a reivindicación….
O moble de Isaac Díaz Pardo: análise do proxecto expositivo para o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside
Miguel Mosquera García | Zaida García Requejo Isaac Díaz Pardo, é o xenio do século XX para Galicia. Representou a oportunidade de reimaxinar un futuro libre e arraigado. Existen outras moitas personalidades que disputan este título —é indiscutible—, mais non todas tiveron o alcance cultural, social, económico, industrial e de compromiso, que fan que a…
Saímos na prensa: Manuel Pérez Lorenzo: «Temos que rachar a barreira do público fiel e atraer xente»
O xornal La Voz de Galicia publica hoxe unha entrevista realizada ao noso presidente, Manuel Pérez Lorenzo, na que se expoñen varias cuestións relativas á actividade da nosa asociación. Nesta ligazón podedes acceder á entrevista completa.
Fernando Babío Sabio: pintura elegante, sensible e refinada
Abel López Soto Se a arte en xeral e a pintura en particular son un espertador para os sentidos, a obra de Fernando Babío cumpre á perfección con este obxectivo. Abonda con mirar calquera dos seus cadros para captar equilibrio, intensidade expresiva, delicadeza nas tonalidades e tamén unha personalidade sensible. Fernando é un veciño de…
Vídeo: Presentación de Areal 31
O venres 19 de decembro presentamos na Sociedade de Sada o número 31 da nosa revista cultural, Areal. Unha nova edición cargada de actualidade, cultura e arte, na que se poden atopar pezas magníficas como a reportaxe de Abel López Soto ao pintor Fernando Babío, o artigo de Miguel Mosquera e Zaida García sobre o…
As xentes de Sada na mirada de Isaac Díaz Pardo
Cristina Asensio “As xentes de Fontán, do Castelo, do Lubre, das Arcas fican na túa mente erguidas como as montañas e coma os albres” “O rapás que emigrara” é un dos vinte relatos do libro Xente do seu rueiro de Isaac Díaz Pardo, obra que está exposta na praza fronte á oficina de Correos de…
‘Díaz Pardo: vida, miragres, espolio’: a conferencia de Felipe Senén encheu o Salón de Plenos
Deixamos unha galería recompilatoria da fermosa conferencia do escritor Felipe Senén sobre a figura de Isaac Díaz Pardo, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2025. Parabéns!
Presentamos o número 30 da revista Areal entre cantigas e pandeiretas
Cris Asensio Sempre é unha alegría a presentación dun novo número de Areal. O Venres 18, no Salón de plenos ubicado na Axudantía do Concello de Sada, ten lugar a mostra do número 30! 30 Areais van xa. 30 exemplares que desde hai quince anos, chegan ás nosas mans ininterrumpidamente, semestre tras semestre. Con esta…
A declaración BIC do Museo Carlos Maside, no esquecemento
O día 11 de agosto cumpriranse dous anos desde que a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta de Galiza publicou a Resolución de 1 de agosto de 2023 (DOG 11 de agosto de 2023) pola que se incoaba o procedemento para declarar BIC o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside situado no lugar do…
Johan V. Viqueira (1886-1924). No centenario da súa morte
Xesús Torres Regueiro Johán Vicente Viqueira López-Cortón é unha das figuras intelectuais galegas máis importantes do primeiro terzo do século XX. Nado en Madrid, onde estaban os pais, o 22 de outubro de 1886 (o mesmo ano que Castelao), pasará a infancia na aldea de San Vitorio, da parroquia bergondesa de Vixoi, onde a familia…
Vídeo da presentación do libro “Arroz con leche a la veracruzana”. Galegos en México após do 36
Xa está publicado o vídeo realizado pola Comisión de Audiovisuais da nosa asociación sobre o acto no que participamos o pasado xoves, 22 de maio. Foi unha conversa moi interesante xunto á Asociación Eira Vella de Betanzos, á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de Coruña, ao Concello de Sada e á escritora Graciela Ortega…
Éxito da conferencia “Galegos en México após do 36”
O pasado xoves, 22 de maio, a nosa asociación participou nunha conferencia moi interesante xunto á CRMH da Coruña e a AC Eira Vella de Betanzos. Graciela Ortega Lorenzo, escritora de ascendencia galega, presentou o seu novo libro titulado Arroz con leche a la veracruzana, contando así mesmo coa participación do alcalde de Sada, Benito…
Capturando a verdade: a fotografía de Ruth Matilda Anderson e Anna Turbau
Claudia Varela Lourido Ruth Matilda Anderson e Anna Turbau crearon unha ponte entre a fotografía e a realidade. Grazas ao seu traballo, hoxe podemos fiar un relato que vai máis alá das versións oficiais. Estas profesionais, malia non seren coetáneas, comparten un horizonte común: a terra galega. Son a expresión da voz colectiva dunha Galiza…
Conferencia sobre o exilio galego en México
Este xoves, 22 de maio, participaremos nunha conferencia moi interesante. Graciela Ortega Lorenzo presentará o seu libro “Arroz con leche a la veracruzana”, asemade que contaremos coa intervención do alcalde de Sada, Benito Portela e representantes da CRMH da Coruña e da Asociación Eira Vella de Betanzos. Poderedes velo en directo desde o Salón de…
Relanzouse a Cátedra Castelao da Universidade de Bos Aires con diversas actividades
José Luis Meirás A fin de semana extra longa polo feriado-ponte con motivo da conmemoración do Día das Traballadoras e Traballadores na Arxentina xerou unha masiva asistencia á tradicional Feira do Libro de Bos Aires. Alí, no stand da Xunta de Galicia, o venres 2 de maio tivo lugar a presentación da nova etapa da Cátedra Libre de Estudos Galegos Alfonso Rodríguez Castelao, que volverá a impartirse na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Bos Aires (UBA) como parte…
A evolución do ensino en Sada (1861-1931), entre a precariedade e a modernidade
Manuel Pérez Lorenzo Coa consolidación do Estado liberal, a mediados do século XIX, e nun contexto de analfabetismo xeneralizado, nacía o ensino público. Ao longo dos seguintes 100 anos experimentaría etapas de modernización pedagóxica e avance no plano dotacional fronte a outras de estancamento ou retracción. Tamén en Sada, onde os cambios en educación obedeceron…
Asociación de Veciños da Obra
A historia de Sada non se podería entender sen a presenza, ao longo do tempo, de moi diferentes asociacións que intentaron conseguir as súas finalidades partindo dunha premisa inicial irrenunciábel: a unión da veciñanza. Nuns tempos en que talvez un dos fenómenos sociolóxicos máis relevantes sexa o culto -ás veces inconsciente- á individualidade e, por…
Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside: de institución pioneira a museo desamparado
Carolina Monzo Souto Antes de comenzar este pequeno artigo, deberán preguntarse: que é un museo? Segundo o International Council of Museums (ICOM) «un museo é […] Un museo é unha institución sen fins de lucro, permanente e ao servizo da sociedade, que investiga, colecciona, conserva, interpreta e exhibe o patrimonio material e inmaterial. Abertos ao…
Paris Joel: «A utopía é un horizonte, serve para marcarche a dirección por onde ir»
Conversamos co cantautor e poeta sadense Rubén Anido Falar de Paris Joel é falar dunha desas persoas en que se vincula un grande amor á arte cun grande amor á humanidade. Tanto nos seus poemas como nas súas cancións -establecer unha diferenza aquí é case tarefa imposíbel- obsérvase unha traxectoria guiada polo desexo de mudar…
O pobo saharaui: medio século no deserto do esquecemento
Marta Bermúdez de Castro TagarroEmilio Graña Mosquera 173.600 persoas1. 48 anos desprazadas ao medio do deserto do Sahara, en territorios da fronteira de Alxeria. Un terzo da poboación son menores de 17 anos, pertencen á xeración de netos e netas dos expulsados, non coñecen a súa terra, sempre viviron en campamentos de refuxiados. Imaxina: 10…
Vinte anos da Plataforma Cidadá pola Democracia en Sada
Daniel Calvete Suárez, UruVítor Suárez DíazMembros fundadores da Plataforma Cidadá pola Democracia en Sada Foi un mandato convulso o que viviu o PP de Sada do 1999 ao 2003. O apoio dunha concelleira do seu grupo a unha iniciativa do BNG solicitando unha auditoría no Concello provocou unha crise política na dereita que rematou coa…

