I Xornadas Irmáns Suárez Picallo
O ano 2008 vai ser institucionalizado polo Concello de Sada como Ano dos Irmáns Suárez Picallo. Para a organización de actos constituirase a Comisión Irmáns Suárez Picallo, xérmolo da actual Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo. A Comisión adíca neste ano todos os seus esforzos en exclusiva á programación de actividades. Neste marco a Comisión crea unha exposición sobre os irmáns Suárez Picallo e organiza duas Xornadas; unha no mes de maio e outra no mes de outubro, coincidindo coa repatriación dos restos de Ramón Suárez Picallo.
As I Xornadas Irmáns Suárez Picallo
A Comisión realiza estas I Xornadas co patrocinio de entidades públicas e privadas. As celebra no concello de Sada os días 29, 30 e 31 de maio. Previas ás xornadas, a Comisión inaugura na Casa da Cultura “Pintor Lloréns” o día 15 dese mes, a exposición sobre a vida dos Irmáns Suárez Picallo.



Na mañá do día 31 celebraronse duas charlas, a primeira a cargo de Esperanza Mariño Davila, experta nas figuras de Eduardo Blanco Amor e Ramón Suárez Picallo, e na que abordou a correspondencia mantida entre estas duas figuras, e a segunda, impartida por
Carlos Velasco Souto e Manuel Pérez Lorenzo, e co titulo ” A represisión franquista en Galicia e o caso concreto de Sada”.
Video da Mesa Redonda das I Xornadas Irmáns Suárez Picallo
II Xornadas Irmáns Suárez Picallo
Nese mesmo ano 2008, desenvolvéronse entre o 9 e o 14 de outubro, as II Xornadas Irmáns Suárez Picallo que tiñan como colofón os actos institucionais de repatriación dos restos de Ramón Suárez Picallo.
A exhumación e repatriación de Ramón Suárez Picallo en Radio Argentina
Dentro da programación de actos en Bos Aires, a Federación de Sociedades Galegas programou un espazo en Radio Argentina adicado á exhumación e repatriación dos restos de Ramón Suárez Picallo. Neste programa participaron o presidente da Federación Paco Lores, o alcalde de Sada Abel López Soto e o Secretario de ralacións institucionais da Xunta de Galicia Xoán Antón Pérez Lema.
De esquerda a dereita, Paco Lores, Xoán Antón Pérez Lema e Abel López Soto
Os restos de Ramón foron recibidos en Sada o 14 de outubro, tras a exhumación no cemiterio da Chacarita en Bos Aires (Arxentina) uns dias antes. Actos e xestións realizadas pola Vicepresidencia da Xunta de Galicia en colaboración co Concello de Sada e a Comisión Irmáns Suárez Picallo.
Video da inhumación e regreso a Sada de Ramón Suárez Picallo
A exposición está composta por diferentes paneis temáticos: dez paneis biográficos, seis dedicados ás tres grandes etapas vitais de Ramón Suárez Picallo (a infancia e a emigración a Arxentina, a II República e a Guerra Civil e o exilio), dous nos que se reflicte a súa relación emocional coa súa Sada natal, e outros dous nos que se recolle a biografía do seu irmán Xohán Antón, galeguista e agrarista asasinado no 1936. Ver aquí.
Fotogalería dos actos do regreso a Sada de Ramón Suárez Picallo que colgamos en internet con motivo do 10 aniversario. Ver aquí.