HOMENAXE A ISAAC DÍAZ PARDO

Hoxe homenaxeamos a Isaac no seu centenario. Non podía ser doutro xeito. Sen el son moitas cousas as que non existirían, entre elas a nosa Asociación. Foi el quen lle transmitiu ao entón alcalde de Sada Abel López a vontade de Ramón Suárez Picallo de ser enterrado no Fiunchedo. E de aí naceu todo. Hoxe é o día de Isaac e ímolo celebrar coa inauguración da exposición na que percorremos a súa obra e que está instalada fronte á Terraza.
Na imaxe, Isaac durante unha das visitas que lle fixemos, ollando algunhas das nosas publicacións.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *