Manuel Gonález Prieto
Oíanse cantaruxadas
con voz doce e
suavemente disposta no teito
arrolando a nena para que adormeza e non chore
no repouso e no sono
mesturando as cores na parede celeste dun pequeno cuarto
onde monocorde repite a mesma cantarela até que descadra
namentres alguén lle rouba o seu hedonismo ilustrado
a noite dorme e esperta o día
nun reconfortante silencio
no que non prevalece discriminación ningunha
e por razón de nacemento
tratos humanos e agradables
a súa circunstancia persoal
garante a boa feitura e
non censura