Diferentes entidades de Sada unimos esforzos para desenvolver hoxe a primeira actividade do proxecto “Sada, camiño a camiño”

O Club Ciclista Sada, a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, a Asociación de Veciños da Obra, a Asociación de Veciños Armental de Carnoedo e a Sociedade Galega de Historia Natural, unimos esforzos para presentarmos o proxecto “Sada, camiño a camino”.

Trátase dunha guía de rutas de sendeirismo e bicicleta de montaña nas que queremos xuntar a actividade física e deportiva coa cultura a través da transmisión de valores, de coñecementos da nosa contorna, de hábitos de vida saudábeis, de educación medioambiental e de goce no tempo de lecer de maneira segura e responsábel.

Este domingo 21 de abril levamos a cabo a primeira andaina (Dende a praza Irmáns Suárez Picallo ata Punta San Mamede) para recabar toda a información necesaria para deseñarmos esta primeira ruta. Foi todo un éxito de participación. Axiña convocaremos una segunda para deseñar una nova ruta.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *