FRANCISCO VARELA POSSE. O FOTÓGRAFO DE SADA

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo organiza esta exposición co obxecto de recuperar e difundir a obra do fotógrafo Francisco Varela Posse (Melide, 1884-Sada, 1959), que retratou a Sada dos anos 20 e 30 e publicou boa parte da súa obra na prensa da época. Tanto para reunir os materiais como as informacións relativas a Varela Posse foi determinante a colaboración da súa familia, nomeadamente da súa filla Fina Varela e da súa neta Nieves Varela.

A exposición está composta por máis de medio cento de fotografías datadas entre os anos 10 e os 50, se ben a gran maioría corresponden aos anos 20, cando Varela contaba cun negocio de fotografía na Rúa da Obra e exercía como correspondente gráfico en publicacións como La Voz de Galicia, El Pueblo Gallego, Cétiga, Eco de Galicia, Revista Gallega, Semana, Ahora, etc. Ademais, algunhas das fotografías acompáñanse de textos de autores locais da época vinculados coa imaxe en cuestión. Tamén estarán expostos obxectos persoais, revistas e diversa documentación nunha vitrina. Por último, a exposición inclue un apartado de paneis biográficos, compostos por informacións acerca do protagonistas, así como fotografías e documentos familiares.

Como material complementario, distribuirase o nº 11 dos Cadernos de Estudos Locais que edita esta Asociación, e que versará, precisamente, sobre Francisco Varela Posse, comprendendo unha biografía e unha selección das fotografías que se poden ver na exposición.

Paneis da exposición

Francisco Varela Posse nos Cadernos de Estudos Locais

Francisco Varela Posse, un fotógrafo para Sada


Francisco A. Pita Fernández / Manuel Pérez Lorenzo

–  Notas biográficas
–  Un artigo de “Céltiga”

 ⏬⏬⏬ Ver en PDF

Fotografías de Francisco Varela Posse




Como xa se comentou, formaron parte da exposición 50 fotografías de Francisco Varela Posse. A todas elas podese acceder desde as seguintes ligazóns:
Partillar