O MUNICIPIO ARXENTINO DE MAGDALENA DEBATERÁ HOXE ADICAR UNHA RÚA A ISAAC DÍAZ PARDO

Esta tarde o “Concejo Deliberante de Magdalena” tratará a ordenanza que impón os nomes de Isaac Díaz Pardo a unha rua de Magdalena, lindante á ubicación de Celtia (a empresa de cerámica que Isaac abriu en Arxentina). Na mesma ordenanza se dará o nome de Manuel López de Ben e Santos Casado a unha pasaxe no “Barrio Obrero” onde eles vivían.

A sesión será retransmitida e poderá seguirse a través da seguinte ligazón https://www.facebook.com/HCD-Magdalena-931122210412755

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *