Viki Rivadulla
«Pensadora» Acrílico sobre lenzo (100 cm x 100 cm) de Viki Rivadulla |
Mercedes Leobalde
Para Viki este poema inspirado na súa obra “Pensadora”
e no inicio foi o vermelloo vermello primario e cegador do sangue fértilcereixase beixos novos que non nos caben nas bocasda natura que esgaza no nacer á vidado sol furando as pálpebras nunha tarde de agostodo sofá de aconchegar ao quente na casa da naido corazón tépedo da amigae as palabras que pagan a penaas que acompañan e nutren no camiñoda sororidade que avanzaque xa vai chegando e alumeavermello tamén o resplandor fumegante da lavana periferia dos medosvermella a noite do vestido
casto e diminutoda noiva que non ten alturade tan nena
vermello Marte e a entraña da violenciao ollo do peixe eviscerado que noutrora foi mamíferocomo as mamíferas fomos noutrora peixes
azul e rubí e dourado
vermellas nosoutraspensadoras perpetuas dun mundo que se enguedella cos nosos cabelos
Mercedes leobalde
Sada, 6 de febreiro de 2020, xoves e véspera da inauguración Raras (exiliadas, periféricas e monstras) de Viki Rivadulla