Acto da AC Irmáns Suárez Picallo ao redor de Luisa Villalta

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo organiza o venres 22 de marzo a presentación do libro de Montse Dopico “Luisa Villalta, abonda con vivir”. Será na capela de San Roque a partir das 20:00 horas.

Este acto está enmarcado dentro da programación que a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo deseñou co fin de conmemorar este ano das Letras Galegas adicadas a Luisa Villalta.

Presenta o acto: Abel López Soto (Secretario da AC Irmáns Suárez Picallo)

Haberá un coloquio entre a autora e dous alumnos de Luisa ( Isabel Aldao e o Presidente da AC Irmáns Suárez Picallo, Manuel Pérez Lorenzo)

Haberá turnos de palabra para o público asistente

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *