UN ABEIRO QUE ENCONTRAR

Sofi.Peries
Día tras outro
abro os ollos
e non vexo máis
que un muro
un oco
un burato
un inferno
ben grande
e profundo.

Pode que pareza un conto
pechar os ollos
para buscar claridade.
Un oasis, un abeiro
aínda que sexa un reflexo
que me de esperanza,
e un pouco de forza.
Para levantarme da cama
preparar o almorzo
e querer seguer.
Non escoitar
as bestias e monstros
que ese home,
co que durmo todas as noites,
mete na miña cabeza
pero me culpa da súa fazaña.

 

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *