Teresa Ramiro
Un Sete da mañá, soa o espertador, estendo a man para apagalo e… zas!,
os libros que xunto a el durmían acaban de caer ao chan.
Ergo da cama e preparo o almorzo, na mesa mestúranse
o café con Mia Couto desenfiando o Fio das Misangas,
o mel e o Herberto Helder pelexan por non ser de ninguén…
O pan de Antas de Ulla conversa pausadamente con Agostiño Neto.
Xunto á poeira de tres dias que cobre os móbeis mestúranse
Jorge Amado dende as negras pedras dos alicerces do trapiche, baixo a lúa, murmurando unha nana para que os Capitães da Areia durman, Aurora Marco, Neruda. Avilés de Taramancos debulla unha canción para que floreza a palabra no poeta, no emigrante, no mariñeiro, no labrego cavador, homes que son pobo sen domear!
Mª Xosé Queizán, Marta Dacosta, Lorenzo Baleirón…
Uxío Novoneyra resoa no cume do último estante
coa Letania da patria liberada…
Citas, notas, debuxos, poemas…
Que fai Vidal Bolaño probando o meu xersei?
Lois Dieguez remexe entre as bragas buscando un calcetín,
limpa por aquÍ, arromba para aló, libros nas mesas, libros no chan,
libros entre a roupa…, no medio, por riba, libros ,libros, libros… Desesperación!!!
poño os cadernos nun caixón, o Estravis sempre ao meu carón…

Á hora de xantar, un suxestivo menú:
pescada en salsa de Alfonso Pexegueiro, caldeirada de vellos con Castelao,
Bernardino Graña —irmán de salitre, sol e chuvia— enche de xerfa a ensalada.
Xabier Maceiras serve o viño, zume de harmonía entre corpo e mente,
seiva de vide que nos aprofunda nun soño, impedindo o naufraxio nas marés da vida!
Xurxo Souto e os Tres Trebóns acompañan a sobremesa… Libros, libros, libros…
namentres na vella radio soa Acadacanto!