DEÁMOSLLES VOZ

GUIÓN CINEMATOGRÁFICO GAÑADOR
DO IV CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
QUE CONVOCA A ÁREA DE IGUALDADE
DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

Autoras/es:
Sara Arrojo, Ómar Calvo, Lorena Castro,
Silvia Castro, Amara Fontão, María García,
Cristina Orgeira, Alicia Pedreira
Coordinador:
Xosé Seoane
IES Isaac Díaz Pardo. Sada.
Foto: Lectura dramatizada do guión a cargo das autoras no acto celebrado pola Concellería de Igualdade
do Concello de Sada na Casa da Cultura “Pintor Lloréns” con motivo do Día da Muller

1. INT. COCIÑA DA CASA DOS SANDE – HORA DO XANTAR

Marta está sentada na mesa da cociña xunto co seu pai Arximiro (PX). A súa nai Herminia está de pé preparando unha ensalada (PX). Arximiro leva una cullerada de garavanzos con espinacas á boca (PP). Anóxase moito e tira a culler ao prato en sinal de desaprobación. (PM)

ARXIMIRO
Sempre a mesma merda de comida. E ademais fría. Para isto paso todo o día traballando!

MARTA
(asustada e con medo, mira cara á nai) (PP) (PM)
Papá, sempre estás igual! A min gústame, e non está fría.

ARXIMIRO
(dirixíndose á filla e con acenos de darlle unha labazada) (PM)
Ti non te metas que aínda vas levar un mocazo!

HERMINIA
Non as pagues coa rapaza. Eu son a única culpable. Trae o prato que quento outra vez a comida. (PM)

ARXIMIRO
(érguese tirando o pano de mesa, moi alporizado) (PX)
Aí quedades as dúas.


2. TRANSICIÓN
Gravación do mar batendo bravamente na costa. As ondas desatan toda a súa furia sobre as rochas. (PX) (PM) (PP)


3. INT. INSTITUTO – HORA DO RECREO
Marta está sentada nun banco do patio interior. Preto dela un rapaz e unha rapaza. Están discutindo. (PX)

ANXO
Cantas veces che teño dito que non te vistas como unha puta! Non te dás conta que todo o mundo te está a mirar! (PP)

PAULA
Pero Anxo, se ninguén se fixa en min. (PP)

ANXO
(dirixíndose a Miguel) (PM)
E ti, que carallo miras? Seica chegustan as pernas da miña moza!

MARTA
(pon cara de pena, érguese e marcha sen dicir nada) (PP) (PX)


4. TRANSICIÓN
Gravación do mar batendo bravamente na costa. As ondas desatan toda a súa furia sobre as rochas. (PX) (PM) (PP)


5. INT. SALÓN DA CASA DOS SANDE – ANTES DA CEA
Arximiro está sentado no sofá vendo a televisión. Ten cara de anoxo e mira con frecuencia o seu reloxo. Ao pouco tempo chega a súa muller da rúa cunha bolsa dunha marca de roupa. Vén ben vestida, incluso maquillada. (PX) (PP) (PX) (PP)

ARXIMIRO
De onde vés a estas horas? (PP)

HERMINIA
De facer unhas compras. Necesito unha saia nova. (PM)

ARXIMIRO
Para que quererás ti unha saia, para ensinar as pernas. E cantas veces teño que che dicir que non pintes os beizos como unha fulana! (PM)
6. INT. COCIÑA DA CASA DOS SANDE – HORA DO ALMORZO
Herminia está de pé preparando o almorzo. Entra Marta. (PX)

MARTA
(achégase á nai para darlle un bico) (PP) 
Pero que che pasou na faciana, mamá?

HERMINIA
(tratando de agachar o rostro) (PP)
Nada, filla. Non te preocupes. Son cousas de maiores!


7. TRANSICIÓN
Gravación do mar batendo bravamente na costa. As ondas desatan toda a súa furia sobre as rochas.(PX) (PM) (PP)


8. EXT. PATIO EXTERIOR DO INSTITUTO – HORA DO RECREO
Marta está paseando con dúas amigas polo patio. Decátanse que unha parella está discutindo. Están sentados nun banco e escoitan toda a conversa que manteñen. (PX) (PM) (PP)

ANXO
Déixame ver o teu móbil. Quero saber quen é ese que sempre che está mandando mensaxes.

PAULA
(pon certos impedimentos, pero non os suficientes como para impedir que Anxo lle quite o móbil das mans)
Dáme o meu móbil. Seica non podo ter amigos. Acaso eu miro as túas mensaxes!

ANXO
Non compares; ti es a miña moza, entendes: A MIÑA MOZA! Miña e de ninguén máis.

PAULA
Pero Anxo, por que non confías en min, se eu nunca te enganei.

ANXO
Todas as mulleres sodes iguais. Hai que atarvos en curto! Que non se che ocorra contradicirme, se non vas descubrir o meu xenio!


9. INT. INSTITUTO – HORA DE CLASE
Marta está sentada na súa mesa de traballo e fíxase na súa compañeira Paula. Decátase que, malia a maquillaxe, ten un pequeno hematoma no ollo. (PM) (PP)

MARTA
(erguéndose con moita enerxía, berrando, con impotencia. Todos fican en silencio, abraiados) (PP) (PX)
Xa estou farta de tanto silencio, de tanta covardía! E que non vos decatades do que está pasando? Basta xa: NON MIREMOS PARA OUTRO LADO. DEÁMOSLLES VOZ ÁS VÍTIMAS.


10. TRANSICIÓN
Gravación do mar en calma. As ondas déitanse suavemente e arrolan agarimosamente a area dourada da praia. (PX) (PM) (PP)

11. INT. CLASE DE PAULA NO INSTITUTO – HORA DE CLASE
Primeiro plano de Paula con marcas de malos tratos. O seu xesto vai mudando dende a pena ata a esperanza.


12. INT. COCIÑA CASA DOS SANDE – NO ALMORZO
Primeiro plano de Herminia con marcas de malos tratos. O seu xesto vai mudando dende a pena ata a esperanza.


13. EXT. PRAIA. MAR EN CALMA – POLA TARDIÑA
Plano xeral de Marta paseando con Herminia e con Paula. Encóntranse con Lorena, Miguel, Amara e Ómar. Fundido lento…
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará