Claudia Lourido Varela
No corazón da cidade herculina existe unha rúa cuxo nome posiblemente fose atribuído numerosas veces aos antigos veleiros que sucaban as augas galegas. A coñecida rúa Galera, que hoxe alberga numerosos bares, restaurantes e tendas, foi ata finais do século XIX un enclave recordado polo cárcere que alí se erixía. Un cárcere destinado ás «malas mulleres».
Así o recolle a escritora Marilar Aleixandre no seu libro, que leva ese mesmo nome. Ela mesma rememora ao longo da lectura ese «mudo coro das malas mulleres». Esas mulleres que foron olvidadas e silenciadas, cuxa historia foi soterrada deliberadamente. Porque a violencia institucional tamén se manifesta na exclusión. A exclusión daquelas vidas, daquelas historias, que non merecen a pena ser lembradas. «Pobres de nós! Chora, muller, escoitamos os teus queixumes. Só nos é dado lamentarnos en silencio. Canta: escoitamos as túas mágoas», recitou Marilar nun fragmento do libro.
As institucións de reclusión femininas diferiron moito das masculinas ao longo dos séculos. Se unha institución penitenciaria ten como finalidade impoñer un castigo corrector para os que cometeron algún acto indigno, o tratamento dos encerros e da delincuencia era diferente para os homes e para as mulleres. Nas prisións masculinas, a única finalidade dos reclusos era esperar a que un xuíz ditase condea. Porén, nas prisións femininas o compoñente moralizador e reformador era evidente.
Os homes xeralmente eran sentenciados por incumpriren a normativa xurídica vixente, mentres que as mulleres tendían a ser xulgadas pola transgresión da normativa social, sobre todo ao falarmos da súa sexualidade. E por este mesmo motivo xorden as galeras femininas como prisións destinadas a albergar mulleres «indignas» durante un período de tempo delimitado, no que, sempre baixo a visión omnipotente da relixión, se trataba de que volvesen a cumptir co seu mandato feminino para ser reinsertadas na sociedade. Submisión, traballo doméstico e maternidade eran as únicas cuestións que as mulleres debían ter na cabeza.
Aquelas mulleres acusadas de prostitución, roubo, adulterio, ebriedade, malversación ou blasfemia eran perseguidas polas institucións políticas e relixiosas, e recluídas nestas prisións femininas. Pero, sen dúbida, o delito máis castigado era o infanticidio. Nunha época na que as condicións vitais da meirande parte das familias eran moi precarias, numerosas mulleres acudían a locais clandestinos onde abortaban, para evitar traer ao mundo un neno que non podían manter. No mellor dos casos, non sufrían ningún dano, mais en ocasións as mulleres falecían durante o procedemento, ou días despois, desangradas por mor de hemorraxias internas que non podían ser tratadas nun hospital.
Concepción Arenal, unha das primeiras voces feministas, era ademais xurista, e nun fragmento da súa obra Cartas a los presos expón as consecuencias do infanticidio, tanto para a nai, como para aqueles que encubriron o delito:
Llorad lágrimas de sangre las que habéis inmolado a vuestros hijos; lloremos todas como las hijas de Jerusalén, y puedan nuestras lágrimas reunidas imprimir la gravedad de vuestro delito en la opinión de los hombres, y borrar su huella ante el Tribunal de Dios. Si no, su fallo será más terrible que el de la ley humana. Dice así:
Art. 336. La madre que por ocultar su deshonra matare al hijo que no haya cumplido tres días, será castigada con la pena de prisión menor. Los abuelos maternos que para ocultar la deshonra de la madre cometieren este delito, con la de prisión mayor.
Concepción Arenal foi a visitadora da Galera da Coruña. Apenas existen rexistros das mulleres que habitaron esta prisión. É moi posíbel que moitas desas mulleres fosen condenadas por roubar un
Concepción Arenal [Eco de Galicia, 20/09/1917]
pedazo de pan, por non ter un domicilio establecido ou por ser violadas. Sendo unha institución que cambiou profundamente moitas vidas, o inventario desta prisión nunca foi investigado.
Marilar Aleixandre, en As malas mulleres, realiza unha profunda panorámica pola Galera da Coruña e todo o que englobou a súa existencia. Por medio de tres voces femininas: Juana de Vega, Concepción Arenal e Sisca, analiza dende diversas perspectivas a vida na Galiza de finais do XIX, tanto dentro do cárcere como nas rúas coruñesas. Juana de Vega, condesa de Espoz e Mina, constitúe unha personaxe fundamental na obra, xa que permite entender as diferenzas sociais que existían nese momento histórico. Non obstante, a personaxe máis relevante é Sisca, unha rapaza de apenas dezaseis anos que é encarcerada por ser cómplice dos abortos que levou a cabo a súa nai, falecida tras unha das intervencións. Así mesmo, Concepción Arenal foi unha das pioneiras da dignificación das persoas e da abolición da escravitude, aínda presente en Galiza a finais do século XIX. Polo tanto, a súa figura é transcendental para cambiar o transcurso da Galera nos anos que exerceu de visitadora.
Xunto a Juana de Vega, mellorou as condicións de vida das mulleres que alí vivían, puxo en marcha un programa para alfabetizalas e promoveu a realización de diversas actividades que convertirían as presas en mulleres letradas e útiles unha vez cumprisen a súa condena. O diario Almanaque de Ferrol, publicaba un número adicado á visitadora, no que se exemplifican á perfección as súas obras caritativas:
La Sra. Arenal, en vista de estas informalidades y de que no sabían apreciarse sus ideales, resolvió separarse de la Asociación, con la pena consiguiente, por parte de sus admiradores. Considerándola el Gobierno, con grandes conocimientos de derecho penal, fue nombrada inspectora de cárceles, título no conferido á una mujer hasta entonces, y más tarde, visitadora de la cárcel de la Coruña, cargo que aceptó obligada por cariñosos ruegos. Unida á la noble y caritativa Condesa de Espoz y Mina por los estrechos lazos de una amistad sincera, trabajaron sin descanso por el bien social, organizando las juntas de señoras para instruir y moralizar á las presas. En el tiempo que Concepción Arenal, ejerció el cargo de visitadora de la cárcel en la Coruña, daba conferencias á las reclusas, ayudada siempre por la bondadosa Condesa de Espoz y Mina y algunas otras señoras.
Estas conferencias eran una verdadera enseñanza moral y educativa, siendo tan práctico el resultado, que la Sra. Arenal llegó á ver reunidas, á su alrededor, más de 300 mujeres. De este estudio psicológico, nació la publicación de las «Cartas á los delincuentes» en que se desarrollaba y explicaba la teoría de la Justicia. En sus frecuentes visitas á la cárcel, visitas practicadas con celo, y tan ilustre criterio que en poco tiempo había purificado los corazones más rebeldes al sentimiento, era tan dulce en el decir, tan persuasiva su palabra, que, así como á Jesús, cuando predicaba en las orillas del mar, salían los peces á la playa á escuchar su divina palabra, así la palabra de la Sra. Arenal atraía las almas, y todas las presas se reunían para escuchar sus consejos y besar una y mil veces aquellas manos bienhechoras que las guiaban por el camino del bien.
Polo tanto, a ausencia dun labor histórico a prol da investigación do presidio feminino conleva un olvido sistemático das mulleres condenadas ao silencio. Leva consigo un consenso recoñecido acerca da condición de inferioridade da muller. E ese consenso continuaría vixente a día de hoxe de non ser por figuras coma Concepción Arenal, que impuxeron o seu pensamento nun mundo onde a historia a escribían os homes.
Porque grazas a estas mulleres, nun ámbito tan inhumano como era o penitenciario, apareceu o espírito humanitario e a idea de dignificar as persoas. E porque grazas á educación que promoveron, conseguiuse deixar atrás a estigmatización desas «malas mulleres», cuxo único delito foi nacer nunha época na que as súas voces nunca foron escoitadas.
«Abrid escuelas y se cerrarán cárceles» – Concepción Arenal.