Éxito da conferencia “Galegos en México após do 36”

O pasado xoves, 22 de maio, a nosa asociación participou nunha conferencia moi interesante xunto á CRMH da Coruña e a AC Eira Vella de Betanzos. Graciela Ortega Lorenzo, escritora de ascendencia galega, presentou o seu novo libro titulado Arroz con leche a la veracruzana, contando así mesmo coa participación do alcalde de Sada, Benito…

Ler máis

Capturando a verdade: a fotografía de Ruth Matilda Anderson e Anna Turbau

Claudia Varela Lourido Ruth Matilda Anderson e Anna Turbau crearon unha ponte entre a fotografía e a realidade. Grazas ao seu traballo, hoxe podemos fiar un relato que vai máis alá das versións oficiais. Estas profesionais, malia non seren coetáneas, comparten un horizonte común: a terra galega. Son a expresión da voz colectiva dunha Galiza…

Ler máis

A evolución do ensino en Sada (1861-1931), entre a precariedade e a modernidade

Manuel Pérez Lorenzo Coa consolidación do Estado liberal, a mediados do século XIX, e nun contexto de analfabetismo xeneralizado, nacía o ensino público. Ao longo dos seguintes 100 anos experimentaría etapas de modernización pedagóxica e avance no plano dotacional fronte a outras de estancamento ou retracción. Tamén en Sada, onde os cambios en educación obedeceron…

Ler máis

Jesús Castro, Republicano de Honra. Un agradecemento necesario

Manuel Pérez Lorenzo O pasado mes de abril, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña homenaxeaba ao noso veciño Jesús Castro Vidal (Sada, 1927). Para incluílo na lista de Republicanos de Honra, da que forman parte figuras como Isaac Díaz Pardo ou Francisco Pillado, alegábase a súa defensa incansable da memoria republicana. Eu,…

Ler máis

Un novo número de Areal repleto de actualidade e cultura

A continuación, unha interesante crónica realizada por Cristina Asensio sobre a presentación dunha nova edición da nosa revista, Areal. Nunha capela de San Roque ata os topes, o pasado venres 28, presentamos o nº 28 da revista Areal! O presidente da ACISP, Manuel Pérez Lorenzo, comeza o acto repasando o contido da publicación. Xesús Castro…

Ler máis

Xa dispoñible en versión dixital o nº 25 da revista AREAL

Xa está dispoñible en areal.gal o número 24 da Revista Cultural de Sada “Areal”, tanto na súa versión dixital como en pdf. –  Acceder á versión dixital de Areal nº 25 –  Acceder á versión en pdf de Areal nº 25 – Acceder á Hemeroteca da Revista Areal Lembra que a revista Areal, editada pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo en papel, pode recollerse na…

Ler máis

A edición en papel da revista Areal dispoñible en diferentes puntos do concello de Sada

Moitas persoas nos preguntan onde poden conseguir un exemplar no novo número de Areal. Co fin de facilitar a divulgación da revista, desde hoxe Areal 25 está dispoñible na area de Turismo do Concello de Sada e na OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil) sita na Avenida da Mariña. Pois, sumamos estes puntos de recollida…

Ler máis

Onte, novo acto da AC Irmáns Suárez Picallo cheo de contidos culturais

Presentación do Caderno de Estudos Xerais adicado a Xela Arias Comezou o acto coa presentación do Caderno de Xerais titulado “Xela Arias: liberdade, subversión, innovación” a cargo do presidente da AC Irmáns Suárez Picallo Francisco Pita, e o Coordenador e responsábel da edición do Caderno Henrique Rabuñal. O Caderno está editado en papel e tamén…

Ler máis

Xosé Díaz: «non hai outro emprendemento cultural en Galicia das características do Museo Carlos Maside»

Nos últimos anos estase a reivindicar a declaración do Museo Carlos Maside como Ben de Interese Cultural. Unha persoa de referencia para coñecer a súa historia e a súa situación actual é Xosé Díaz. Integrante do Laboratorio de Formas de Galicia como un dos herdeiros do seu pai, Isaac Díaz Pardo, Xosé participou da actividade…

Ler máis

Novo acto da AC Irmáns Suárez Picallo este venres día 19

 Este vindeiro venres organizamos desde a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo un acto público cheo de contidos culturais. Así, presentaremos o Caderno de Estudos Xerais adicado a Xela Arias e que coordinou Henrique Rabuñal, e o nº 23 da Revista Cultural de Sada Areal. Entre os contidos da revista está a publicación dos poemas gañadores do Certame Literario (Re)inventando Xela…

Ler máis

UNHA VISITA A DONA EMILIA NAS TORRES DE MEIRÁS

 PRUDENCIO CANITROT (Pontevedra, 1883-Madrid, 1913) foi un escritor, xornalista e pintor galego. No campo das artes plásticas, destacou como paisaxista e ilustrador de libros.  Establecido en Madrid, substituíu a pintura pola literatura, publicando volumes como Cuentos de abades y de aldea, Rías de Ensueño, Ruinas ou Suevia. Estivo ligado ao rexionalismo galego e ao movemento…

Ler máis

CONVITE DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA Á ASOCIACIÓN CULTURAL IRMÁNS SUÁREZ PICALLO PARA FALAR DE MEIRÁS

A Deputación de Pontevedra organiza para o vinceiro día 12 de xuño unha xornada de traballa cos colectivos memorialistas de Pontevedra: Esta xornada está dirixida a entidades de memoria da provincia de Pontevedra, mais como o caso do Pazo de Meirás ten unha dimensión territorial moi ampla, decidiron convidar a nosa asociación para falar da…

Ler máis