Estas e moitas fotografías máis en memoriadesada.com
Temporais na Sada de 1930
Todos os anos no inverno producíase algún temporal que adoitaba deixar mal parada a frota pesqueira e as casas que estaban preto do mar. Estas tres fotografías amosan os preparativos cos que se pretendían mitigar os seus efectos. A primeira e a segunda corresponden a dous tramos da Avenida da Mariña, na zona que hoxe se coñece como Boulevard e no segmento que transcorre entre a rotonda da Terraza e a curva da Barrosa. A primeira casa da esquerda aínda se conserva. A terceira imaxe trasládanos á Rúa da Praia, á altura das súas dúas últimas casas.
Reportaxe gráfica de Francisco Varela Posse na revista Vida Gallega (Vigo), 10/02/1930
«Las calles de la villa convertidas en varadero de las embarcaciones que pudieron salvar los pescadores» |
«Huyendo de la marea, que se acerca destructora, la gente de mar eleva sus barcos a las calles»
«Construyendo trincheras contra la furia del oleaje» |
|