Marea baixa

A IMAXE COMENTADA por MEMORIA DE SADA

Nesta foto da praia das Delicias podemos apreciar como era o litoral de Sada hai anos.
Non se ve ningún edificio alto, todas son casas baixas. Aínda non está o Cuartel da Garda Civil e vese o monte de Lixandre (hoxe tapado polos edificios). Tampouco está a Terraza, o que nos leva a datar a imaxe con anterioridade aos anos 20.

A marea está baixa e, salvo os nenos, as persoas que se ven só mollan os pes, están vestidas. Diante das rúas da Praia e da Mariña vense moitas lanchas varadas.

Estas e moitas fotografías máis en
memoriadesada.com

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *