A imaxe comentada por Memoria de Sada

La Terraza

Unha imaxe moi antiga do edificio da Terraza. Loce no seu máximo esplendor. Debe ser unha das primeiras imaxes que se lle fixeron, xa que co paso dos anos sufriu unha gran deterioración e viu modificados moitos dos seus elementos.

Aquí, no muro dianteiro, vense ben os famosos “ferros”nos que todos querían facerse a foto, como presaxiando que un día ían desaparecer. Tamén as vías do tranvía. Os nenos sentados no chan demostran o pouco tráfico que había entón.

O edificio tiña dous pisos e a entrada era a través dunhas escaleiras á fronte, en forma de media lúa. Unha vez no interior, o café estaba á esquerda, coas súas típicas mesas de mármore rectangulares que aínda hoxe existen, e á dereita estaba o restaurante. Os dous andares do edificio comunicábanse a través dunha escaleira interior e centrada fronte á entrada principal. Os banquetes tiñan lugar no piso, onde tamén se celebraron bailes durante moitos anos.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *