NEIRA

David Otero

Hoxe desde as nosas miradas,
como a corazóns sen forzas,
O Ulla por Gres…
pasa de tristeza…


E non debese…
pero non leva cantos de paxaros
nin ventos de contar,
nin sombras que gardan segredos do solpor…


Pero de todo… nós… aínda estamos cerca
si…quen estamos aquí,
sempre estivemos aquí,
pois moito do mundo vólvese olvido.


Nós respectamos as belezas,
os amores libres,
os silencios de almibre
e os nomes que nos xuntan…e unifican.


Somos quen amamos o construído,
as augas das regadas,
Quen seguimos amigo…sen abandonos…
o teu camiño.


E ti ben sabes onde estamos escribindo
aí…na vella mesa defendendo a vixencia,
no sorriso alborexante…
das nosas matrias melodías


E miramos ao ceo coa túa sabiduría,
suxeitos á beleza… e na memoria,
e vemos que xa non nos queren…
moitos poemas…outros si…


Pero teimosamente témoste
no máis consciente dos días,
lémoste e nomeámoste,
e abrímonos paso nas palabras.


Abusamos das túas tonalidades,
pois es un motor das nosas cancións.
Cancións que nos aluman nas escuridades
para sabermos donde ir.


Por iso no teu saber facer…
ti volves sempre cos recordos,
co colorear do arco da vella,
e nas imaxes asombrosas da túa obra.


E os teus afectos persisten sen abandono,
sen silencios, nin olvidos.
e resoan nas voces ecoantes
dos cumes que se abrazan neste val.


Anisia e Pepe…
o voso amor foino expansivo…
intenso…
e deu mornura por todas partes.


Nesa absoluta intimidade…
Anisia e Pepe
Xuntos…
podiades con calquera


Nós non inventamos nada…
Estamos aquí…
Deixade que as nosas palabras abracen
a beleza dos vosos nomes…


Anisía…
digo Pepe.
Grazas por darnos a vosa benvida…
de sempre a sempre


De ano a ano
a memoria e desexo..
aquí estando…
de eternidade a eternidade.


26/11/MMXVI
ANO DE MANUEL MARÍA

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará