A XOSÉ NEIRA VILAS

Xoán Xosé Fernández Abella

Honra de Gres, que ó seu Gres eterniza.
Narrador… E poeta… E xornalista.
Da emigración, un inmenso cronista,
que a vive, e a describe, e a analiza.

Son as “Memorias dun neno labrego”
páxinas inmortais da nosa historia,
profunda e indeleble executoria
dun escritor cento por cen galego,

esencia viva da nosa Galiza,
a de aquí ou emigrante, idolatrada,
amor poñendo sempre na súa liza

e a comprensión máis fonda na súa ollada.
Do seu vivir dicir é de xustiza
que Anisia foi súa forza a el consagrada.

Os Tilos, 06/Maio/2.016
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *