ENCOL DO TEATRO

Pode-se dicir que o teatro é a rama artística que encerra as posivilidades máis jurdias pra cumprir un-a misión de tal índole, por sere a que con meirande amplitude e clarencia pode espresar a realidade da vida, e demostrar as esceas a viver no futuro.
Isto souperon-no têr moito en conta tôdos os povos, os representantes dos movimentos nêles operados, ben fosen tendentes a derrubar un sistema de Govêrno, ou a se enmanciparen da hegemonía doutro povo, aproveitando-o pra facer laboura de proselitismo por meio dêle, creando obras en concordança côs ideaes que os guiaban, e protegendo as súas interpretaçóns.

No noso chán, compre têr un bon teatro autóctono, un teatro de modernas formas artísticas e de celme patriótico; vale dicir, de fondo contido naçonalista, no coal se ache retratada a vida do noso povo; que seja, en fin, o fascimile da nosa trágica realidade, pra que esgadunhe no esprito da masa e lhe faga estoupar o fol da rebelia.
Que produzan obras aqueles que posuan condiçóns pra face-lo, e os que non, temos a obriga de beçar, d’alentar aos seus autores, e d’aplaudir a quenes as leven á escêa. Ainda que un-a obra non encerre mais que un valor artístico, pode-se considerar que é un-a obra de proselitismo, porque tende a espertar nos nosos cidadáns alentos de carinho polo noso arte, que en realidade, hoje senten moi pouco polas suas cousas, ainda.
Olhemos en cada afeiçoado, a un espalhador da nosa cultura, e a un contribuinte ao rejurdimento da nosa naçonalidade, e non a un “tropical” ou a un “tiruleque”. Por mal que desempenhe un papel, non meresce que se lhe chante o dente de crítica, e menos ainda face-lo de geito dicaz, ou con ar mofante; pois mercê a êles, podemos contemprar teatro noso; e o que hoje é un mal actor, manhán se cadra, pode ser un pouco bô; mais se se adica un a biliscar-lhes, nunca contaremos cun de tal condiçón, crebamos-lhes os aços e renuncian a tales aitividades, recaindo êlo en prejuizo dos nosos degaros.
Atanisquemos, sin, e sen dô, aos estranos sen escrúpalo, e outros da propia casa, carecentes de sentimento galego, que barbarizan a pronuncia das verbas e embrutecen os gestos cô fin de facer rir ao púbrico brosmo, e non pola “graça” que poidan êles verter, senon pola ridiculeza que nos apoen aos galegos, tal como socede aquí en Bôs Aires.
Alalá, 05/1935
Cedido por X. Martínez-Romero e P. Jeremías