Untitled Post

Miguel Mosquera García
Fora escura a noite na que naceu
Ilustración do autor

non creran as mulleiriñas que tal cousa
pasara

nacera un neno, pobre de seu
nacera cunha vida labrada
Dereitiño foi ao verde campo
dereitiño a visitalos
foi direito a lugar santo
direitiño a saudalos

Naceu un neno morto de fame
viviu no ventre da súa naie
pertiño do seu paie
Naceu un neno morto no pranto
non tiña olliños
foi direito ao camposanto
Quixéronte alumear neniño,
quixéronte alumear,
fúcheste deste tempo
o teu pai non che tiña que dar
O pobo enteiriño xuntara
catro cuartos pra che mercar
O señor abade rezara
catro pais pra che salvar
Morriches antes da sementeira
non deu pra colleitar
choraron os campos todos
e non se puido sementar
Cesou o regato do muíño
as señoriñas choraron pra o encher
non puideron contigo neniño
non foron quen de reverter.
Naceu un neno morto de fame
Naceu un neno morto no pranto
e foi direitiño ao camposanto.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *