Presentamos a novela “La Pardo y los rusos” de María Chups

A capela de San Roque acolleu hoxe un interesante acto literario organizado pola Asociación Irmáns Suárez Picallo: a presentación da segunda novela da autora cordobesa María Chups Gómez, titulada “La Pardo y los rusos”.

Trátase dunha obra de ficción histórica protagonizada por Emilia Pardo Bazán, que, convertida en personaxe novelesca, nos conta as súas experiencias ao longo duns anos cruciais na súa vida, marcados polas súas estadías en París e o seu achegamento á “alma rusa” a través das obras dos literatos rusos da época, todo isto entrelazado co convulso mundo dos revolucionarios presoviéticos.


María Chups Gómez, que se mostrou contenta e satisfeita de poder presentar a novela en Sada debido ao estreito vinculo de Pardo Bazán con Meirás, estivo acompañada na mesa por Abel Soto, secretario da Asociación Irmáns Suárez Picallo e encargado de conducir o acto e de facer unha semblanza da autora, e por Xulia Santiso, conservadora da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán, que ofreceu datos e anécdotas sobre esa etapa na vida da escritora coruñesa.


Antes do comezo da presentación, o público asistente tivo ocasión de escoitar varias pezas interpretadas polo grupo de música tradicional Nova Troula.
A escritora María Chups Gómez presentará “La Pardo y los rusos” proximamente na Feira do Libro da Coruña. En Sada xa tivemos o pracer de coñecela e de escoitala.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *