Desde o inicio do proceso xudicial pola recuperación pública do Pazo de Meirás membros da Asociación foron pezas fundamentais. Primeiramente como autores do traballo de investigación publicado pola fundación Galiza Sempre “Meirás, un pazo, un caudillo, un expolio” no que aportaron os documentos ao estado que soportan o longo e complexo traballo de investigación, participando como peritos do estado. Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo, tesoureiro e Presidente respectivamente da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo , declararon como tales peritos no primeiro dos xuizos celebrados en relación coa recuperación do inmbole
O Presidente da Asociación, Manuel Pérez Lorenzo actuou a instacias do concello de Sada na última das vistas que se celebraron, en concreto polo litixio de 132 bens mobles ligados aos exteriores e interior dos inmobeis do Pazo de Meirás
En concreto, a declaración do presidente da AC Irmáns Suárez Picallo en relación co proceso que se seguía en relación cos bens mobles de Meirás, e que foi resolto mediante un Auto da Sección nº 3 da Audiencia Provincial provincial da Coruña, foi determinante segundo se desprende da lectura do propio Auto, que razonou a falta de probas aportada pola familia Franco, “por lo que debemos estar a la prueba testifical del Sr. Lorenzo que consideró que muchos de los elementos ya estaban en el Pazo en 1938 y prácticamente todos se encontraban allí en el año 1975 (sic)”.
A declaración neste proceso de Pérez Lorenzo respostou a un informe previo que realizou sobre os bens mobles de Meirás encargado no seu día polo Concello de Sada. Foi esta administración quen citou como testemuña no proceso ao presidente da AC Irmáns Suárez Picallo. A resolución final mantén bens en Meirás como o sarcófago de Emilia Pardo Bazán, en boa medida froito da declaración de Pérez Lorenzo: “En cuanto al sarcófago pétreo (n.º 6) existente en la capilla, de nada más permanente en este mundo puede hablarse. El testigo Sr. Pérez Lorenzo, narró que fue diseñado por la escritora D.ª Emilia Pardo Bazán… (sic)”
A Asociación Suárez Picallo quere poñer en valor o traballo destas dúas persoas con cargos relevantes na Asociación e que sin o seu esforzo, os seus coñecementos e a súa investigación, non houbera sido posible obter esta vitoria xudicial, a primeira condena ao Franquismo no Estado Español, nin se poderían descubrir os chanchullos e mentiras que o réxime franquista difundíu con total impunidade.
A Asociación cultural irmáns Suárez Picallo quere facer especial mención a este traballo feito desde Sada, por sadenses que puxeron o seu traballo ao servizo do interese xeral e grazas a eles, hoxe sabemos a verdade do acontecido, pese ás manipulacións e terxiversacións interesadas ao longo de moitos anos. Nunca antes se publicara un traballo tan claro, valente, exhaustivo e riguroso sobre o expolio de Meirás.
A Asociación celebrará a asamblea xeral anual de socias e socios no vindeiro mes de febreiro e fará un recoñecemento público explícito a estas dúas persoas, unha homenaxe humilde pero sentida e merecida.