Desde a A.C. Irmáns Suárez Picallo queremos trasladar o noso apoio á organización do festival Touliña Pop

Lamentamos profundamente a decisión do Concello de Sada, que lle retira o seu respaldo a un evento tan consolidado coma este, abocándoo a trasladarse a outro municipio. Prescindir dun festival como o Touliña Pop, que constitúe unha das principais citas do calendario festivo de Sada, significa renunciar a un evento cultural de referencia e a…

Ler máis

A proba testifical de membros da Asociación Irmáns Suárez Picallo, determinante para a recuperación e que os Franco non poidan levar bens do Pazo de Meirás.

Desde o inicio do proceso xudicial pola recuperación pública do Pazo de Meirás membros da Asociación foron pezas fundamentais. Primeiramente como autores do traballo de investigación publicado pola fundación Galiza Sempre “Meirás, un pazo, un caudillo, un expolio” no que aportaron os documentos ao estado que soportan o longo e complexo traballo de investigación, participando…

Ler máis

Xa dispoñible en versión dixital o nº 25 da revista AREAL

Xa está dispoñible en areal.gal o número 24 da Revista Cultural de Sada “Areal”, tanto na súa versión dixital como en pdf. –  Acceder á versión dixital de Areal nº 25 –  Acceder á versión en pdf de Areal nº 25 – Acceder á Hemeroteca da Revista Areal Lembra que a revista Areal, editada pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo en papel, pode recollerse na…

Ler máis

Letras Galegas 2022

Imaxe superior: F. Delgado Gurriarán, por Anxo Santomil [RAG] No marco da celebración do Día das Letras Galegas 2022, o Concello de Sada convocou o certame de poesía (RE) Inventando Florencio Delgado Gurriarán. As persoas participantes debían presentar un poema concibido a partir dun verso do autor homenaxeado. Na 1ª categoría (ata 13 anos), a…

Ler máis

O día que morreron os gatiños

Vanesa Santiago O 6 de agosto de 2022 anunciouse unha vaga de hipercalor ou calor extrema. Esa información desmentiuse posteriormente, pero algunhas fontes minoritarias seguiron insistindo en que “el 6 de agosto morirán los gatitos”, debido a que non resistirían as altas temperaturas. Eu considerei unha destas fontes o bastante confiable como para asustarme. E…

Ler máis

Apaches

Paris Joel Fomos por sempre apaches, foraxidos sen Bonanza, perdemos o medo ao lobo, que volveu á terra parda. Da casa do reloxo levamos a Nocilla, e das augas de Cousteau secounos María Luisa. Cun mostacho de Torete, mercamos campás de pana, a auga de fogo, “Four Roses”, O corvo inxenuo, “Mandrágora”. Dos ríos fomos…

Ler máis

Un artigo do noso colaborador Miguel Mosquera nas páxinas de “La Voz de Galicia”

O xornal “La Voz de Galicia” na súa edición do pasado 12 de xaneiro, elaborou unha peza sobre o a elaboración dunha vista tridimensional do edifico “La Terraza” e que publicamos recentemente no número 25 da revista Areal. Aquí podes ver a reportaxe completa en Areal do nos colaborador habitual Miguel Mosquera. Premendo sobre a…

Ler máis

Soidade

Xose Anxo Seoane Cao Guillerme Sánchez Miramontes, profesor de ciencias naturais do instituto masculino da cidade, estaba paseando polos xardíns do centro preparando unha saída de campo co seu alumnado de secundaria cando reparou nunha muller de non moitos máis anos ca el sentada soa nun dos bancos máis agochados. Semellaba ser a clásica muller…

Ler máis

O agonista

Rubén Anido Regueiro Tíveno que botar da miña casa de moi malos modos. Era absolutamente imposíbel convivir con alguén dese xeito, así, sempre sen axudar nas tarefas domésticas, molestando sen interrupción, impedindo, nunha palabra, desenvolver o meu traballo cun mínimo de normalidade. Agora estará abaixo no portal, canso xa de bater na porta da casa…

Ler máis

Un día si

Mercedes Leobalde É domingo de outono, vermú e tapa de callos. Corre unha brisa agradable e unha parella nova sae co seu filliño de meses do popular e concorrido bar no que adoitan parar desde que se mudaron, un local futboleiro de barrio que leva décadas demandando unha boa actualización de pintura, mobiliario e mentalidades….

Ler máis

O curruncho da língua

Olliño cos pronomes átonos. Poñámolos no seu sitio, por favor, xa que son parte fundamental da estrutura do idioma. Continuamos a avanzar un chisco no complexo tema da colocación dos clíticos, eses pronomes que ás veces van unidos ao verbo e outras veces soltos e por libre. Apuntabamos en entregas anteriores que xamais inician a…

Ler máis

Marea baixa

A IMAXE COMENTADA por MEMORIA DE SADA Nesta foto da praia das Delicias podemos apreciar como era o litoral de Sada hai anos.Non se ve ningún edificio alto, todas son casas baixas. Aínda non está o Cuartel da Garda Civil e vese o monte de Lixandre (hoxe tapado polos edificios). Tampouco está a Terraza, o…

Ler máis

Emocionante reportaxe sobre o final da vida do sindicalista sadense Jose Monzo

Manuel Pérez Lorenzo, presidente da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, reconstrue de xeito emocionante os últimos días do seu bisavó, o sindicalista sadense José Monzo Ríos e que publicou no día de hoxe o diario Público. Podes acceder á reportaxe completa do diario Público aquí: José Monzo, el anarquista gallego al que la represión franquista…

Ler máis