Hoxe tivo lugar a presentacion de Boadicea editora, unha primicia que se presentou con éxito nas cidades galegas e q a través da ACISP realizouse tamén en Sada, a primeira vila galega q acolle este evento.
A nosa socia e escritora Vanesa Santiago foi a encargada de presentar a Alba Rozas, creadora da editorial xunto con Xosé Manuel Dopazo e Marcos López .
Boadicea nace para consolidar unha produción sistemática e especializada de obras en galego, centrándose nos eidos da fantasía, a ciencia ficción e o medo, entroncando coa tradición europea, asiática e anglosaxona destes xéneros.
A editora achega tanto creación propia, como tradución de autoras e autores clásicos e actuais, con obras destinadas a todo o público lector: infantil xuvenil e adulto.
As persoas fundadoras son filólogas e científicas especialistas, doutoras e investigadoras en lingua e literatura, docentes do ensino secundario e universitario, moitas cun longo percorrido na edición e corrección de textos, nomeadamente no ámbito da fantasía e da ciencia ficción.
Desexamos longa vida e moitos éxitos a Boadicea editora.