Contaremos coa intervención de Ana Pillado que adica a Luisa Villalta a seguinte reflexión:
O mellor xeito co que podo contribuír á celebración da obra de Luísa é a través do meu testemuño da súa amizade con Pancho e Noli. Unha amizade sólida e vibrante de vida, fraterna e fecunda, tanto humana como artisticamente. A música das palabras é a arquitectura básica da casa común. Os seus alicerces: o fondo compromiso coa cultura galega. A amizade é unha casa que acolle e torna fogar. Unha casa branca de fiestras verdes. Talvez sexa quen de cartografar a luz alí compartida…
O vindeiro venres 19, ás 20 h. estarei na Capela de San Roque convidada pola Asociación Cultural ‘Irmáns Súarez Picallo’ falando de Luísa á luz da amizade.
O acto terá lugar na Capela de San Roque este venres 19 de abril a partir das 20:00 horas