Video dos actos con motivo do Día da República

Xa podes visualizar o documental realizado pola comisión de audiovisuais da AC irmáns Suárez Picallo sobre os actos celebrados o pasado día 13 de abril, con motivo do nomeamento de Jesús Castro Vidal como Republicano de honra, e a conmemoración do Día da República.

Os actos foron organizados pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña cos que colaborou a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo.

Os 4 actos actos que se poden ver no video son os seguintes:

  • Homenaxe no concello de Sada a Jesús Castro Vidal, republicano de honra 2025.
  • Ofrenda floral no monumento ás vítimas do franquismo en Sada.
  • Ofrenda floral no memorial das vítimas do franquismo na Coruña.
  • Cea da República.
Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *