A AC Irmáns Suárez Picallo propón un irmanamento entre a cidade de Magdalena (Arxentina) e Sada

O pasado día 4 de marzo  na cidade de Magdalena descubríuse unha placa nunha das súas rúas adicada a Isaac Díaz Pardo, porque alí creou unha fábrica de pezas de porcela. A continuación podes ver un video resumo dos actos montado polo diario dixital arxentino InformadorMgd – Magazine Digital :

Isaac é fillo adpotivo de Sada, o instituto desta localidade leva o seu nome e tamén unha das avenidas máis importantes do casco urbano, porque no Castro de Samoedo está a fábrica de porcelana emblemática que el creou e de onde partíu a mediados de século para crear a de Magdalena.

Díaz Pardo é unha das figuras máis relevantes da segunda metade do pasado século polo seu labor industrial e cultural, e sen dúbida é persoa máis importante na recuperación da memoria histórica de Galiza.

Por esas razón, a Asociación irmáns Suárez Picallo mantén relación con persoas de Magdalena e colabora nos actos que alí se realizan na súa honra. Para este último evento enviamos un video de salutación que nos solicitaron, e que podes ver a continuación:

Xa hai máis dun ano vimos mantendo conversas con autoridades de Magdalena de cara a propiciar o irmanamento das dúas localidades. De feito o Intendente Gonzalo Peluso cita no seu discurso de descubrimento da placa de Isaac, que se continuará co traballo de irmanamento, interrompido polas elecións lexislativas de novembro de 2021.

A Asociación Suárez Picallo ven colaborando intensamente nesa tarefa, realizando incluso borradores para ese irmanamento, e seguirá a traballar para que se poida producir, agora que nesa cidade tamén teñen previsto construir un pequeno centro cultural na honra de Isaac.

A cidade de Magdalena foi moi importante para Galiza non só porque Isaac creou alí unha empresa da que os lugareños gardan un bo recordo, senon tamén porque aquel lugar foi o centro de reunións dos exilidados galegos do franquismo na República arxentina, convertíndose nun centro de ideas e iniciativas, entre as que destaca o nacemento do Laboratorio de Formas.

Por todas esas razós, pensamos desde a ACISP que o irmanamento de Sada e Magdalena sería algo moi positivo para manter esa memoria viva e para afortalar lazos culturais e económicos.

Deixamos a continiación unha galeria de imaxes, deferencia de José Luis Meirás ( InformadorMgd – Magazine Digital )

Xuntamos a continuación, escrito de solicitude presentada no rexistro do concello de Sada pola Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo:

Partillar

4 thoughts on “A AC Irmáns Suárez Picallo propón un irmanamento entre a cidade de Magdalena (Arxentina) e Sada

  1. parabéns pola nova, cumpre tomar contato coa Asociación Cultural Amigos do Patrimonio de Magdalena que levan tempo matiando un “acercamento” a historia de Celtia e por caso xa atixiren unha boa cantidade de pezas da produción da fabrica coa finalidade dar pulo un futuro museo da mesma,
    en verdade xunto co “irmanamento” ben sería unha boa nova tamén,
    saúdos
    Norberto Varela Calvo
    A Coruña

  2. Hola. ¿Cómo estás? Soy Alberto del Departamento de Prensa. Muchas gracias por atenderme.

    He pensado que podría interesarte cómo podemos hacer que tu empresa aparezca en más de 50 periódicos digitales como noticia (No será un anuncio) por una única cuota al mes sin permanencia. Las noticias no se borrarán

    Periódicos de gran autoridad mencionarán la web de tu empresa para lograr una mejor reputación y posicionamiento web.

    Este servicio incluye tanto la redacción de la noticia como el análisis de las palabras clave.

    Si pudieras proporcionarme un teléfono, me encantaría programar una llamada para hablar contigo, resolver cualquier duda sin compromiso y explicar cómo puedes disfrutar del *mes gratuito* sin permanencia.

    ¡Muchas gracias!

  3. Buenas tardes, encantado de saludarte. Soy Jose
    Quería escribirte porque me ha parecido interesante comentar contigo la posibilidad de que tu negocio aparezca cada mes en periódicos digitales como noticia para posicionar en los primeros lugares de internet, es decir, con artículos reales dentro del periódico que no se marcan como publicidad y que no se borran.
    La noticia es publicada por más de cuarenta periódicos de gran autoridad para mejorar el posicionamiento de tu web y la reputación.

    ¿Podrías facilitarme un teléfono para ofrecerte un mes gratuito?
    Gracias

  4. Hola, me gustaría hablar contigo para publicar tu negocio en periódicos digitales como noticia cada mes. Publicamos en periódicos de alta autoridad de manera garantizada con alcance nacional. Esto ayudará a mejorar las reseñas, opiniones y reputación en internet sobre tu negocio, además de incrementar el posicionamiento web para conseguir los primeros resultados en los buscadores. Podemos redactar las noticias en el formato que prefieras, como por ejemplo tipo entrevista o artículo de interés sobre el sector. Si me confirmas un teléfono, puedo ponerme en contacto para explicarte sin compromiso cómo funciona este proceso. Gracias

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *