Morriña

Recibimos esta marabillosa creación audiovisual coa música do grupo Baiuca. Nela podemos ver imaxes do exilio e emigración galega conducidas polo noso grande guieiro Castelao. E tamén do nicho provisorio durante o infame exilio do noso compatriota e veciño Ramón Suárez Picallo. Só quero saber, cando te vou ver terriña que anhelo choro por volver…

Ler máis

Un paseo “da vergoña” visita e denuncia as pegadas franquistas que aínda perduran na Coruña

A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña organizou este sábado a VI Andaina da Vergoña para denunciar as homenaxes “aínda visíbeis” na cidade herculina a personaxes relacionados coa ditadura franquista. Baixo a lema ‘Fóra franquistas das nosas rúas’, o itinerario comezou na Praza de María Pita contra o mediodía, onde se atopa casa…

Ler máis

A AC Irmáns Suárez Picallo propón un irmanamento entre a cidade de Magdalena (Arxentina) e Sada

O pasado día 4 de marzo  na cidade de Magdalena descubríuse unha placa nunha das súas rúas adicada a Isaac Díaz Pardo, porque alí creou unha fábrica de pezas de porcela. A continuación podes ver un video resumo dos actos montado polo diario dixital arxentino InformadorMgd – Magazine Digital : Isaac é fillo adpotivo de…

Ler máis

O castro de Meirás

Compartimos aquí dous documentos de moito interese relacionados co castro prehistórico de Meirás. Este xacemento arqueolóxico foi excavado en duas ocasións no século pasado para a realización de diferentes estudos. O primero deles, no ano 1950, foi realizado polo escritor e arqueólogo Jose María Luengo Martínez que asinou o seguinte informe encardado polo chamado naquela…

Ler máis