Entre os dias 25 e 29 de marzo celebraranse en Madrid as xornadas que levan por título “100 horas por las memoria y contra la impunidad”. Nelas participará o membro da directiva da AC Irmáns Suárez Picallo, Carlos Babío que formará parte da mesa de partidos políticos en representación do Bloque Nacionalista Galego durante a mañá do día 26.
As xornadas están organizadas pola Coordinadora estatal de apoio á querela arxentina contra os crimes do franquismo (CEAQUA) e teñen como finalidade dar a coñecer cada unha das leis que se atopan bloqueadas, o proceso de tramitación no que se atopan e o posicionamento dos diferentes grupos parlamentares. Son leis relacionadas coa impunidade do franquismo. En concreto son as seguintes:
- Lei segredos oficiais
- Lei de memoria democrática
- Código penal – Principio de legalidade internacional
- Lei de bebés roubados
Mais información en https://rompamos-la-impunidad.webnode.es/