Os crimes de Osedo. Sucesos que conmocionaron á parroquia no albor do século XX
Manuel Pérez Lorenzo
Según parece, al Sr. Rivas le molestó el que dentro de la parroquia no dejaran a su señora que se sentara en el presbiterio […].
El Globo, 27/03/1904
En la parroquia de Osedo, Ayuntamiento de Sada, ha sido asesinado el rico propietario D. Ramón Rivas, cuyo cadáver, horriblemente mutilado, presentaba, además de infinidad de heridas en el cuerpo, una terrible cuchillada en el cuello que casi le separaba la cabeza […].
El Heraldo de Madrid, 30/05/1906
Hay privilegios que aun resultando justificados producen evidente extorsión en los tiempos que corremos.
Tomen ejemplo del presente hecho los que truenan contra la mansedumbre de los pueblos rurales y les niegan arrestos para dar por tierra con lo que juzgan atentatorio a sus derechos.8
segundo crime: o misterioso asasinato de Ramón Rivas
Non vai transcorrer moito tempo ata que novos acontecementos sacudan á parroquia. Apenas un ano despois do altercado, en xullo de 1905, un grupo de persoas disparaban contra a casa reitoral, apedrábana e, acto seguido, asaltábana, causando desfeitas no seu interior e prendéndolle lume9. Vivíanse, novamente, momentos de tensión, mais nada comparado co que estaba por vir. Transcorrido outro ano, un crime estarrecedor reavivaría as pantasmas de 1904.
Neste caso, o protagonista era o vello Ramón Rivas. Aos seus case oitenta anos, cun vigor físico envexable, era unha das persoas máis coñecidas da parroquia. O 28 de maio, despois de pasar o día na Coruña supervisando unhas obras, regresaba a Osedo no coche de cabalos. Era día de festa, a festa das Flores, e non quería perder a misa da tarde. Porén, despois dunha visita ao alcalde de barrio, desapareceu sen volver a ser visto. Tras unha pormenorizada procura, os seus fillos –entre eles Pedro Rivas– advertían un rastro de sangue na parte traseira da súa casa. Só terían que seguilo para toparse cun macabro escenario. Alí estaba, medio afundido nun regato, o corpo sen vida do ancián. A imaxe non podería ser máis horrenda:
Cuando se trató de levantar el cadáver, el terror heló a los cinco hombres. El anciano estaba materialmente cubierto de heridas. La cabeza, casi totalmente seccionada […].
Una inmensa carnicería; un ensañamiento brutal y repugnante; un colmo de ferocidad. Tan desfigurado estaba el anciano, que casi se hacía imposible reconocerle.10
Axiña circulou a nova, así como a constatación dun feito: o móbil non fora o roubo. O asasinato obedecía a outras motivacións. «Aquel pacífico vecindario está abatido, consternado por el horrendo crimen», exclamaba a prensa, que dedicaría durante días pormenorizadas crónicas ao que, de novo, volveu a ser bautizado como «El crimen de Osedo». O dramático suceso ocupaba titulares nos principais diarios do Estado11. Quen matou a Ramón Rivas? Con que finalidade? Como sucederon os feitos? As preguntas estaban no aire e a veciñanza, a Garda Civil e os xornalistas procuraban respostas. Sucedíanse os rexistros, as declaracións e as detencións de sospeitosos.
![]() |
Gravados publicados pola prensa para acompañara crónica na que se daba conta do asasinato de Ramón Rivas. Un retrato
La Voz de Galicia, 30/05/1906 |
Desde o primeiro día, os xornais comezaban a vincular o crime cos procedementos que levaran ao ancián a facer fortuna:
Tenía el finado un capital inmenso […]. Y eso que no ha salido para nada de Osedo.
Prestando a réditos crecidos, haciéndose dueño poco a poco –siempre sin ruido y sin pleitos– de grandes porciones de tierra, reunió aquella suma, en verdad enorme para un labriego.
Esto le había proporcionado enemigos. Entre ellos están, sin duda, los mataderos.12
El Imparcial era máis explícito, ao afirmar que Rivas se fixera con numerosas fincas «a cambio de préstamos por él hechos»13, mentres que El Noroeste sinalaba os «préstamos hechos a un interés exorbitante» como causa das «enemistades que el interfecto había ido acumulando entre las gentes de aquella comarca»14. Estas primeiras informacións suscitaban unha carta dos fillos e do xenro da vítima. Protestaban polo feito de que a prensa puxese en tela de xuízo «el apellido honrado que con orgullo ostentamos como legado del que supo ser buen padre y excelente ciudadano», ao tempo que ofrecían unha recompensa de 5000 pesetas a quen denunciase aos asasinos15.
Tamén se especulaba na prensa acerca da artimaña empregada polos agresores para conseguir que a vítima saíse da súa casa a unha hora á que, habitualmente, se atopaba xa retirado:
Los que conocían al interfecto aseguran que éste, a pesar de sus setenta y tantos años, por cierto arrogantemente llevados, era aficionado a los galanteos con éxito, y sólo a esto atribuyen que la noche hubiera logrado sorprenderlo en el sitio en que le prepararon la emboscada […].
Todo parece indicar que el viejo Rivas fue engañado […]; quizá y sin quizá sirvió de cebo o de pretexto una cita amorosa para atraerlo. Lo que falta averiguar es quien ha sido la mujer que ha mediado en el asunto.
[…] Búscase ahora a una muchacha de aquellos contornos, a la que el Sr. Rivas galanteaba con frecuente insistencia, pues se presume que esto puede contribuir al esclarecimiento del crimen y de sus autores.
[…] Hay indicios de que al interfecto no le era indiferente la criada de su hijo Pedro […]. Esto hace que recaigan algunas sospechas sobre la citada sirviente.16
Ter sido obxecto dos galanteos do ancián convertía a calquera muller en posible cómplice. De feito, nos
A esta misiva non se lle daría demasiada credibilidade, se ben sementaría serias dúbidas acerca da natureza do crime. E motivaría, desde logo, a inquedanza dos demais ameazados, todos eles recoñecidas figuras políticas con cadansúa rede clientelar en ambas as localidades. O certo é que o asasinato de Osedo coincide co inicio dun tempo de intensa conflitividade nas Mariñas, con recorrentes episodios violentos de trasfondo político, se ben nunca con tan drástico resultado.
A morte de Ramón Rivas quedaría sen dilucidar, nun tempo no que os medios para a investigación policial eran tremendamente rudimentarios. Tras case tres meses en prisión, o taberneiro Lata sería posto en liberdade ao comprobar, nun laboratorio madrileño, que as manchas polas que fora acusado non eran de sangue18. Non se coñecían probas firmes contra ninguén. Malia ás especulacións da prensa, as incógnitas, xa nunca desveladas, superaban con moito ás certezas.
Uns sucesos non tan excepcionais
A ollos dos nosos días, os sucesos que conmocionaron á veciñanza de Osedo hai case 120 anos poden semellar máis extraordinarios do que realmente foron. Con toda a súa gravidade e as súas dramáticas consecuencias, nomeadamente no segundo dos crimes, encaixan nun contexto histórico no que se convivía cun alto nivel de violencia. Basta con percorrer a hemeroteca daqueles anos para comprobalo19. En 1892, un mariñeiro de Sada fería de gravidade a outro, cravándolle un puñal preto do corazón, molesto por non ter tanta sorte no seu oficio como o agredido. Nese mesmo ano, un home de Samoedo morría nun tumulto na rúa logo de recibir un golpe na cabeza e uns meses despois era asasinado un neno de 13 anos, fillo do xuíz José Gayoso, como vinganza por antigas desavinzas entre familias. En 1895 aparecía o cadáver degolado dun mozo nas ruínas do castelo de Fontán e o correspondente de La Voz de Galicia comparaba o suceso con outros que «con harta frecuencia vienen cometiéndose en este hermoso país». En 1898, unha familia mataba a paus a un demente e enterraba o cadáver na horta ao confundilo cunha pantasma, e un ano máis tarde investigábase a morte da adiñeirada anciá Manuela Agra en Meirás, en circunstancias estrañas.
A chegada do novo século non mudaría este panorama. En 1902, a romaría do Espírito Santo convertíase nunha batalla campal entre mozos de diferentes parroquias que deixaba un saldo de 60 feridos, algúns de gravidade. Tamén era unha pelexa entre veciños de diferentes lugares, neste caso os de Samoedo contra os de Soñeiro, a que concluía cun morto nun baile en Seixeda. Nos anos seguintes, aos crimes de Osedo sumábanse outros sucesos de diversa natureza: un ancián aparecía morto nun regato de Soñeiro, outro falecía en Osedo atropellado por un home a cabalo, sospeitándose da intencionalidade do incidente; en Carnoedo, un mozo mataba a outro dun disparo motivado por un conflito amoroso e as rivalidades políticas, levadas ao extremo, relacionábanse coa morte da muller do exalcalde José Patiño, a quen un médico negárase a atender.
Tampouco é que Sada fose a excepción. Os sucesos de Osedo conviviron nas páxinas da prensa diaria con outros de características similares. De feito, os xornais prestaban especial atención a este tipo de noticias, tecendo relatos minuciosos dos feitos, describindo con todo detalle os escenarios dos crimes e especulando acerca do acontecido. Prácticas que hoxe nos parecerían de todo punto improcedentes, como as explicacións prolixas das lesións, con especial atención aos aspectos máis sórdidos e macabros, ou a publicación en letra impresa dos nomes de persoas sobre as que recaían sospeitas, fundadas ou non, eran parte substancial das extensas crónicas dedicadas a este tipo de sucesos. E o certo é que eran informacións demandadas: «De lo intensa que fue la impresión producida en el público por el crimen, da idea la enorme demanda de ejemplares del periódico, hasta el punto de haberse agotado dos ediciones»20.
Os crimes de Osedo non teñen relevancia histórica pola súa singularidade. Todo o contrario. A súa análise pode resultar de interese porque reflicten aspectos moi propios do tempo no que aconteceron: estruturas e relacións sociais en proceso de cambio, formas de reaccionar ante o que se considera inxusto, conflitos veciñais e persoais nos que median altas doses de violencia… Ecos dun pasado que, de cotío, ollamos con filtros demasiado idealizadores.
![]() |
Na imaxe superior: A igrexa parroquial de Osedo, escenario do conflito que suscitou o crime de 1904. Nesta imaxe, a casa de Ramón Rivas, escenario do crime de 1906
Fotografías do autor |
1 La Voz de Galicia, 26/03/1904.
2 Id.
3 La Voz de Galicia, 27/03/1904; El Noroeste, 27/03/1904.
4 La Voz de Galicia, 27/03/1904.
5 La Voz de Galicia, 26/03/1904.
6 La Voz de Galicia, 27/03/1904.
7 Id.
8 Id.
9 El Regional, 06/07/1905.
10 La Voz de Galicia, 30/05/1906.
11 El Heraldo de Madrid, 30/05/1906; El Imparcial, 31/05/1906; La Época, 31/05/1906; Los Sucesos, 09/06/1906.
12 La Voz de Galicia, 30/05/1906.
13 El Imparcial, 31/05/1906.
14 El Noroeste, 31/05/1906.
15 La Voz de Galicia, 31/05/1906.
16 El Noroeste, 31/05/1906.
17 La Correspondencia Gallega, 01/06/1906.
18 La Voz de Galicia, 22/08/1906.
19 Las Mariñas, 30/10/1892; Las Mariñas, 23/10/1892; Iberia, 07/04/1893; La Voz de Galicia, 09/07/1895; El Imparcial, 14/10/1898; La Voz de Galicia, 24/03/1899; El Imparcial, 22/05/1902; El Noroeste, 11/08/1903; La Voz de Galicia, 07/06/1906; El Noroeste, 29/08/1907; El Noroeste, 24/06/1908; El Noroeste, 01/06/1910.
20 La Voz de Galicia, 31/05/1906.