Xavier Brisset é un vello colaborador de Areal que hoxe nos deleitou cunha palestra na que resaltou a creacion no ano 1909 da asociacion de mariñeiros sadenses denominada “sociedad vigilancia de la ría”, pioneira en Galiza na defensa da pesca sostible, contra a invasión da pesca extractiva sen control e vixiante do respeto polas vedas aoutoimpostas polos propios mariñeiros, perfectos coñecedores dos ciclos das especies de peixes na zona.
Todo un exemplo esta Asociacion pioneira que é preciso rescatar do esquecemento.
Parabens a Brisset e grazas ás persoas que asistiron e participaron nesta esta palestra tan interesante