Rescatamos do recordo este video realizado polo concello de Sada e a Deputación da Coruña no ano 2008 con motivo do regreso dos restos mortais de Ramón Suárez Picallo. Na organización dos actos con motivo da repatriación de Ramón está a razón fundamental do nacemento da nosa Asoación Cultural. A Comisión “Irmáns Suárez Picallo” naceu co fin de rescatar a memoria destes dous sadenses, Ramón e Xoán Antón Suárez Picallo, que son na realidade persoeiros fundamentais da historia contemporanea de Galiza.
AREAL. Revista Cultural de Sada. AC Irmáns Suárez Picallo
Revista dixital da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo de Sada