Audiovisual sobre a exhumación dos restos de Rafael Fernández Casas, o mestre de Carnoedo

A Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo asistiu ao proceso de exhumación dos restos de Rafael Fernádez Casas, o mestre de Carnoedo. Este vídeo quere ofrecer os momentos máis decisivos dese proceso no que participaron tantas persoas. Anteriormente editamos un vídeo, “Na procura dos restos de Rafael Fernández Casas”, no que recollemos o proceso que se seguiu para localizar o posíbel lugar de enterramento no cemiterio parroquial de Santa María de Trasanquelos, concello de Oza-Cesuras. A ACISP editou o número 37 dos Cadernos de Estudos Locais dedicado ao mestre de Souto asasinado o 20 de agosto de 1936.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *