A AC Irmáns Suárez Picallo organiza unha visita guiada ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

A visita será na tarde do venres 22 de abril e será guiada por persoal técnico do Centro. Podes anotarte aquí (ata compretar prazas)

Iremos en autobús que partirá da Casa do Concello na avda. da Mariña de Sada o venres 22 ás 16:30 h e regresaremos ao mesmo lugar, como moi tarde, ás 21:30 h.

A visita estará guiada por persoal técnico do CIAM e consistirá:

a) Visita ás instalacións

b) Percorrido por lugares de interese da finca

c) Charla sobre a historia e actividade do CIAM

d) Rematará a visita cun pequeno ágape.

Tendo en conta que a finca ten 300 Ha, por ese motivo e tamén por razóns mediambientais, debemos ir transporte coletivo e non en vehiculos paticulares. Así, os desprazamentos no interior serán nese medio e ademáis facilitamos o traballo dos guías.

Cada socia ou socio poderá anotar a outras dúas persoas. O prezo será de 5 €/persoaprazo de inscripción remata o venres, 8 de abril ás 12:00h

Posteriormente, entre o día 9 e o 17 de abril,  ofreceremos públicamente na web as prazas sobrantes ata encher o autobús e adxudicaranse por orde de iscrición a un prezo de 7 €/persoa. Se é do teu interese, anótate canto antes enviándonos un correo a info@suarezpicallo.gal e non te esquezas de indicar o número de acompañantes.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *