Este pasado sábado, e a petición da Conservadora da Casa Museo Emilia Pardo Bazán, tivemos o inmenso pracer de guiar duas visitas ao Pazo de Meirás para o CFR (Centro de formación e recursos para o profesorado). Durante a tarde celebramos dúas visitas en dous grupos diferentes, que foron guiados polos membros da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo Abel López Soto e Carlos Babío na que tamén participou a propia conservadora da Casa Museo, Xulia Santiso que era a coorganiuzadora tamén das visitas
As visitas estiveron mais centradas na pegada en Meirás da escritora Emilia Pardo Bazán, creadora das Torres de Meirás.