DEBATE E ACORDO POR UNANIMIDADE DO CONCELLO DA MAGDALENA (ARXENTINA) POLO QUE SE LLE IMPOÑEN DIFERENTES RUAS A ISAAC DÍAZ PARDO, MANUEL LÓPEZ BEN E SANTOS CASADO
![]() |
1920-2020 | ANO ISAAC DÍAZ PARDO |
Moi interesante e emocionante o debate e posterior acordo por
unanimidade tomado polo “Honorable Concejo Deliberante de Magdalena” (Arxentina). Isaac Díaz Pardo, Manuel López Ben e Santos Casado partiron desde as cerámicas do Castro en Sada a mediados da década dos 50 á Magdalena en Arxentina para fundar as Cerámicas CELTIA.Nos diferentes recoñecementos que fan as concelleiras e concelleiros tamén se cita ao membro da directiva da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo e exalcalde de Sada Abel López Soto, que en todo momento estivo en contacto coas persoas impulsoras desta iniciativa no concello da Magdalena.