O VENRES DÍA 8 DE XANEIRO PRESENTAREMOS O Nº 21 DA REVISTA AREAL

O vindeiro venres 8 presentaremos o nº 21 da revista Areal. Nesta ocasión, aos contidos habituais e ao espazo dedicado a Díaz Pardo no seu centenario, Areal suma un dossier dedicado ao recente proceso de incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público. Un dossier no que se analiza actual situación do inmoble, a sentenza xudicial de setembro, as actuacións que conduciron a ela ou as perspectivas de futuro do inmoble. Os 16 artigos que o conforman están asinados por historiadores, xuristas, xornalistas, representantes institucionais e dos movementos sociais que resultaron determinantes para chegarmos ao punto no que hoxe nos atopamos. Nos vindeiros días iremos ampliando a información.

Dada a situación sanitaria, as prazas serán limitadas. Informaremos tamén en breve do procedemento a seguir para a ocupación das prazas dispoñibles.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *