MEIRÁS: UN PROCESO DEMOCRÁTICO

Emilio Grandío

Profesor Titular de Historia Contemporánea da USC, membro
da Comisión de Expertos promovida polo Parlamento 
galego e co-redactor dos informes elaborados por encargo desta Comisión e
da Deputación da Coruña

Nestas poucas liñas pídenme desenvolver de xeito breve
a mi
ña opinión sobre o proceso que levou o Pazo
de Meir
ás a mans públicas. No
momento en que redacto este texto o cami
ño non rematou, mais albíscase o final. Os técnicos da Consellería de Cultura entrarán en horas no Pazo para garantir o
que cont
én o interior do inmoble, que ten data de
entrega
ó Estado para os primeiros días de decembro do 2020.

Un tupido silencio contemplaba as
Torres de Meir
ás dende a morte de Francisco Franco. A
sensaci
ón de que existía algo tras
eses muros que quedara varado no tempo, do que case non se falaba, pero que al
í estaba. Non foi un camiño doado. 

As
primeiras iniciativas desa reversi
ón ó publico xa teñen décadas, dende finais dos anos
setenta do s
éculo XX. O propósito daquela era sen dúbida arranxar unha imaxe negativa
daquela democracia respecto deste tema, unha democracia que non era quen de dar
carpetazo definitivo
á herdanza do Ditador. A transición tiña as súas eivas. Unha, contrastada conforme avanzaba o tempo, era
o anacronismo da existencia deste monumental inmoble financiado de maneira p
ública, utilizado para difundir os valores daquela
Ditadura, e que se atopaba en mans privadas. Aquelas primeiras iniciativas, como o
Pazo, quedaron nunha v
ía morta. Concello da Coruña e Deputación Provincial viron frustradas as súas primeiras iniciativas dos anos oitenta. 

Case un cuarto
de s
éculo despois, en 2005, xorden novas
mobilizaci
óns cidadás a Meirás. A onda de memoria que percorreu a sociedade española a principios do século XXI coa constatación de que tamén seguían a existir «desaparecidos» nas cunetasreclamaba o arranxo daqueles
ocos non cubertos da democracia. Un xornal de forte presenza no Estado sacou
á luz pública en outubro de 2007 un
informe dun alto mando militar da Inspecci
ón de Provincias datado en
novembro de 1939 no que se indicaba de xeito moi expl
ícito as complicacións do proceso do Pazo, coa
implicaci
ón directa dos Concellos da provincia e
outras instituci
óns. Tras esta nova, en agosto de 2008, a presenza
do Pazo, a imaxe daquela Torre agachada no espazo
e no tempofíxose viral nas televisións coa representación daquela contravoda réplica dunha real que se celebraba no
interior do Pazo cunha bisneta de Franco. Esta converxencia, a complementariedade
da acci
ón entre coñecemento e
mobilizaci
ón cidadá, fixo reflexionar as institucións públicas. O Concello de Sada e a
Xunta de Galicia foron quen de declarar ben de interese cultural (BIC) o Pazo
nese 2008 e de dotar dunha m
ínima protección o conxunto do recinto. E, sobre todo, iso garantía que público e institucións entrasen no Pazo cun réxime de
visitas. 

A investigación sobre o Pazo continuou tras aquela pista
aberta do informe. Carlos Bab
ío, familiar afectado directamente
polos procesos de expropiaci
ón dos arredores, e Manuel Pérez Lorenzo levaron adiante durante anos un enorme
traballo de investigaci
ón pescudando todo aquilo que tivera que ver
con aqueles corenta anos de Franco en Meir
ás. Convertéronse nunha peza clave no proceso. Todo iso quedou recollido
en
Meirás: un pazo,
un caudillo, un espolio

Pero, ó meu entender, a auténtica aldrabada de saída que marca a folla de ruta que
levou definitivamente 
ó control público do
Pazo foi a nova de que 
a familia Franco deixaba nas mans da súa Fundación as visitas e a explicación do BIC en
2017. A indignaci
ón aumentou. Naquel verán de 2017 créase, co liderado da Deputación da Coruña institución implicada directamente
no proceso de cesi
ón en 1938a chamada Xunta Pro Devolución do Pazo, réplicada orixinal Junta Pro Pazo encargada da cesión nos anos da guerra. Integrábana
representantes de universidades, concellos, asociaci
óns, historiadores, xuristas… As
instituci
óns non podían calar
ante a constataci
ón de que se explicaba o relato da Ditadura
no interior dun ben de interese cultural protexido por un r
éxime democrático. 

Moi interesante durante
todo este proceso foi que nunca se tiveron d
úbidas de que a análise dos historiadores era fundamental. Constituía a visión necesaria para lle explicarmos á sociedade o que fora aquela ditadura. Os estudos históricos foron especialmente relevantes para os debates xurídicos porque aportaban dous aspectos diferenciais: a) as interrelacións entre o público e o privado no contexto dun
r
éxime ditatorial, e b) a gran diferenza entre
imaxe e pr
áctica dun Estado totalitario. Os historiadores
traballamos sobre feitos, interpretamos sobre a realidade de acci
óns. Só con presentar as notables
diferenzas de impunidade xur
ídica entre aquela cruel Ditadura
e a realidade presente democr
ática evidenciabamos a existencia
dun tempo distinto, a
índa con lexislacións semellantes. 

A percepción do que se
estaba a facer naquel ver
án de 2017 espertou a sociedade galega.
Poucos movementos como este suscitaron tanta aprobaci
ón social. E chegou ó Parlamento. E aprobouse na Cámara galega en 2018 un mandato á Xunta de Galicia para que se crease unha Comisión de Expertos que abordase o tema, presidida polo profesor
N
úñez Seixas, con intensa colaboración na parte históricados membros do Grupo de Investigación HISPONA. Houbo momentos en que os dous organismos
creados pola Deputaci
ón da Coruña e a Xunta
de Galicia debat
ían en paralelo. Pero remataron nos seus
informes respectivos os seus procesos de xeito complementario en canto
ás valoracións, reforzándose mutuamente nas súas demandas. Deuse un chanzo máis cando o Parlamento de Galicia, por unanimidade, aprobou
o Informe hist
óricoxurídico da Comisión de Expertos e o remitiu á Avogacía do Estado para que esta estimase as posibilidades de
presentar unha demanda contra a familia Franco.

Pero non foi un camiño de única dirección. Evidentemente a parte afectada reclamaba na súa posición. O falecemento nestas datas de
Carmen Franco, a filla do ditador, acelerou se cabe m
áis o proceso, xa que ó herdaren os netos o seu
patrimonio, case de xeito inmediato decidiron po
ñer á venda o Pazo. Como se pode comprobar, ata o momento en que
escribo as v
ías de conciliación nunca foron posibles. Só podía ser arranxado este problema a través dun terceiro: os tribunais de xustiza.

En xullo de 2019, durante un curso de verán da USC que sobre este tema se realizou no mesmo porto de Sada, o actual Secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, falaba acerca da presentación da demanda pola Avogacía do Estado, así como da aparición dun primeiro documento de venda do Pazo de Meirás en 1938 á Junta Pro Pazo. O círculo pechábase aínda máis co inicio dos movementos de
recuperaci
ón da Casa Cornide Concello da Coruñae das estatuas de Abraham e Isaac Concello de Santiago, con aquelas visitas dos
parlamentarios europeos 
ó Pazo… A bóla de neve
xa non era s
ó social, senón tamén institucional, e seguía a medrar. 

Durante
tres d
ías de xullo do 2020 tivo lugar o xuízo na Audiencia Provincial da Coruña, e a principios de setembro saíu a sentenza da titular do Xulgado de Primeira Instancia
da Coru
ña Marta Canales, que determinaba a devolución do Pazo de Meirás á
titularidade p
ública do Estado. Todas as opinión xurídicas indicaban que a sentenza
estaba moi argumentada, e a parte demandada presentou recurso ante a Audiencia, a
índa sen resolver a data de hoxe. Se un le esta sentenza
pode apreciar que son os informes e as investigaci
óns históricas realizadas as que nuclean a argumentación da xuíza, evidenciando xa non o feito
da titularidade p
ública do Pazo como residencia do Xefe do
Estado, sen
ón a consideración daqueles feitos como algo propio dun pasado común, que ten que ser analizado como tal, que para ser
entendido precisa dos matices que d
á o coñecemento histórico. 

No remate desta pequena
achega quixera indicar d
úas principais conclusións que me gustaría salientar:

a. O proceso do Pazo
de Meir
ás foi un dos maiores éxitos da mobilización cívica galega dos últimos anos, capaz de facer
converxer a todas as instituci
óns en tempos en que a relación entre política institucional e sociedade
se atopaba moi deteriorada. As orixes do
éxito cabe interpretalas nunha
dupla direcci
ón: sociedade civil ben artellada que
demandaba
ós políticos accións neste senso, pero tamén
representantes institucionais que entenderon dende o principio que o traballo
deber
ía realizarse sen etiquetas e sen egoísmos, amosando unha unidade de acción democrática poucas veces vista.

b.
Sobrevoando por riba de todo este proceso const
átase a
necesidade social dunha Historia ben contada, capaz de xerar e asentar valores democr
áticos, de convivencia e conciencia cidadá. Se algo se observa en todos estes procesos vinculados ó patrimonio herdado da familia Franco é que resulta indispensable marcar neste concreto presente
que aquel pasado era distinto. Moi distinto. E iso condicion
ábao todo.

Que o Pazo de Meirás reverta a
mans p
úblicas representa moito máis que un mero troco de propiedade dun inmoble, por moi
espectacular que sexa. Representa resignificar unha das maiores iconas da ditadura
franquista en Espa
ña. Significa pechar a porta ós rescaldos daquel pasado. Realmente é converter o franquismo en Historia e quitarnos algunhas lousas
mentais que a
índa nos impiden construír futuro en común. Meirás: un proceso democrático.

Fachada principal das Torres de Meirás

Fotografía cedida por Manuel Chas Gayoso

 

Partillar