A (DI)XESTIÓN DOS LUGARES DE DITADOR

 Xosé Manoel Núñez Seixas 

Catedrático de Historia Contemporánea da USC, presidente
da Comisión de Expertos promovida polo Parlamento galego para estudar a
incorporación do Pazo de Meirás ao patrimonio público

O traslado por orde
gobernativa dos restos de Francisco Franco do Val dos Caídos no outubro de 2019,
e mais a sentenza xudicial sobre o Pazo de Meirás, no setembro de 2020, semellan
agoirar que a excepcionalidade hispánica no relativo ás políticas da memoria
estaría a chegar á súa fin. Anúnciao así tamén o novo proxecto da Lei de Memoria Democrática
anunciado polo Goberno Sánchez. Trátase aínda, porén, dun proceso suxeito a
oscilación sen función das mudanzas políticas.

España é aínda diferente en varios
aspectos do patrón europeo-occidental de axuste de contas co pasado ditatorial.
Non o é tanto se se teñen en conta as especificidades da transición española á democracia,
ben como os desaxustes temporais —a ditadura en España rematou trinta anos máis
tarde do que noutros países. Os ritmos da posta en práctica de políticas
proactivas da memoria democrática por parte da maioría do continente foron lentos
e contraditorios, máis do que se supón.

Neste senso, a problemática
(in)dixestión dos lugares de memoria vinculados de xeito íntimo á biografía do
ditador non é tampouco un fenómeno exclusivamente español. Na maioría das
democracias que sucederon a réximes autoritarios ou totalitarios na Europa
occidental após 1945, na Europa do Sur após 1974/75, e na Europa oriental logo de
1990, rexistráronse abondosos dilemas e contradicións. 

Figura esencial en toda
ditadura é o ditador. O que non había render contas dos seus actos perante ningunha
instancia superior. Un autócrata cuxa lexitimación procedía do carisma, despois
rutinizado mediante o recurso á historia, á patria ou á relixión. O carisma do
ditador non desaparece despois da súa morte. Fica suspendido, de maneira
especial, nalgúns espazos que evocan o seu nacemento, a súa adolescencia e
mocidade, e mais a súa morte. Os primeiros adoitan ser casas ou vivendas
normais, pois un ditador non nace nun palacio, coma os reis. As súas tumbas,
mausoleos ou lugares de execución lembran o seu corpo, que coma o do rei é aínda
depositario dunha lexitimidade pasada. 

Mentres as obras megalómanas, os
monumentos conmemorativos, as estatuas e os nomes do rueiro que evocaban aos
ditadores foron derrubados, retirados ou substituídos polos réximes
democráticos, as casas natais dos autócratas, as súas tumbas, as súas residencias
particulares ou os seus palacios de verán constituíron frecuentes excepcións á
norma. Neles, ademais, cristalizaba a intersección entre dúas dimensións
esenciais do poder dos ditadores. Dunha banda, a súa esfera íntima, privada e
familiar. Doutra banda, o seu carisma e proxección pública, sacralizada e
misional, inherente ao culto á súa personalidade en vida. Esta dimensión adoita
ser preservada polos seus saudosos, e permanece de xeito semiconsciente na memoria
das xeracións socializadas baixo o seu dominio. Eses serían os lugares de
ditador
. Espazos memoriais cuxa xestión se transformou nunha espiñenta dixestión
ou nunha permanente indixestión, cando non nunha encrucillada de contradicións, para
as democracias. Mais tamén ofrecen un ángulo de observación diferente das
memorias da Europa totalitaria.

Por que eses lugares de ditador son
tan problemáticos de manexar? A resposta sería tripla. Primeiro, polo feito de
seren moi variados os obxectos, lugares ou edificios susceptíbeis de de vir en
espazo memorial personalizado dun ditador, e xa que logo en pólo de atracción,
culto e reunión dos seus seareiros. Segundo, porque adoito son contornos de propiedade
privada, o que eiva a intervención directa dos Estados democráticos. E terceiro,
porque neses espazos a figura do que dende lonxe é un tirano pode transformarse
implicitamente nunha persoa calquera, un de nós. Son tumbas que inspiran compaixón
pola morte, casas ou escolas onde o futuro ditador naceu, viviu, xogou, aprendeu
aler, casou… Onde o excepcional se fai humano e accesíbel, e o case sacro
próximo e tanxíbel. 

Hai unha serie de espazos memoriais recorrentes que se
vinculan de xeito íntimo aos ditadores: 1) A casa natal ou paterna, ou onde
decorreu a nenez e adolescencia do despois ditador: Hitler, Salazar, Mussolini,
Enver Hoxha, Stalin, Tito, Miklós Horthy, Ceaușescu ou Jozef Tiso. 2) A tumba
privada do autócrata: Salazar, Stalin, Hoxha, Nicolae Ceaușescu e, até certo
punto, Mussolini. 3) As residencias, recintos ou espazos onde o ditador desenvolveu
boa parte da súa vida política e pública, dende as sedes do partido nazi en
Múnich até as diversas dachas de Stalin. 4) Mausoleos construídos ou deseñados
polo ditador para a posteridade (Tito, Franco), ou edificados logo da súa morte
por sucesores ou admiradores (pirámide de Hoxha en Tirana, 1988), incluíndo criptas
privadas (Mussolini). 5) Imaxes ou lugares de culto integrados en templos
relixiosos, convertidos en espazos dotados dun significado especial: Dollfuß
(igrexa de Hohe Wand), Horthy (igrexa do Retorno, Budapest)… 

Precisamente por esa
natureza maleábel, os lugares de ditador son moi variados. Atraen saudosos e
seareiros, pero tamén turistas atraídos polo morbo dos maos da película (dark
tourists
) e afeccionados á historia. A mestura fai máis difícil a xestión pública
deses lugares, que adoito vai arevoque dos acontecementos. Unha casa-museo 
pódese converter nun lugar de
memoria para saudosos da ditadura, canda turistas, curiosos e excursi
óns escolares. Mesmo se a tumba ou casa paterna non existe,
os seareiros poden escoller lugares
putativos, caso da tumba dos pais de Hitler
en Leonding (Austria) at
é 2012, ou do seu conmilitón Rudolf Heß.

Que solucións se ofreceron na maioría da Europa democrática e posttotalitaria? Podemos sinalar algunhas
caracter
ísticas xerais, congruentes cos trazos xerais
da evoluci
ón das políticas da
memoria de cada un dos Estados democr
áticos. O temor dos Estados democráticos é sempre que xurdan centros de
culto para neofascistas e esp
écimes semellantes. Porén, os habitantes das localidades marcadas por seren berces
ou residencias de ditadores non sempre comparten posici
óns unánimes cara a esa incómoda remembranza. Fronte a quen desexan erradicar calquera
asociaci
ón coa deriva posterior dos seus fillos ilustres mediante o silencio, outros ven niso unha oportunidade
para xerar recursos tur
ísticos; e outros máis consideran un deber cívico e
democr
ático a resemantización deses lugares. De aí que en varios países alternen a damnatio
memoriae
coa musealización, os espazos devidos en meca de saudosos
coa explotaci
ón turística, cando non a aberta disneylandización dos lugares de ditador, como
ocorre en Romenia (Museo Ceausescu en Targoviste, p. ex.) ou en Rusiae Xeorxia
coa lembranza de Stalin, e en certo xeito en Iugoslavia co museo da casa natal
de Tito (Kumrovec, Croacia).

Pódese afirmar que na maioría dos casos, logo da fin da ditadura, a unha primeira fase
de esquecemento, silencio ou tolerancia inc
ómoda acostuma seguir unha segunda
etapa, na que se abre na opini
ón pública un
debate verbo da xesti
ón e usos dos lugares de ditador. Nunha terceira
fase form
úlase antes ou despois, case sempre por parte
das autoridades locais ou rexionais, a posibilidade de explotar eses espazos de
xeito pragm
ático. Iso pasa por unha resignificación do lugar de memoria, ben como pola súa contextualización, previas á súa conversión nun
entorno p
úblico para ser visitado pola cidadanía. Dende aquela, o debate xirou arredor de tres cuestións centrais. 

A primeira, adoito dominante, foi o onde: a comenencia ou non de musealizar e resignificar espazos sobrecargados
de contido simb
ólico, onde a pantasma do ditador dalgún xeito pervivía, e o seu carisma reconvertíase en morbosidade, fronte á pertinencia
de garantir os obxectivos deses museos ou centros de interpretaci
ón en emprazamentos de acceso sinxelo e masivo, desprovistos
de sombras do pasado. 

A segunda consistiu no que se ha
narrar no museo ou centro interpretativo. A biograf
ía contextualizada do ditador, en senso xeral? O seu
vencello concreto co lugar en cuesti
ón, a través da propia historia do lugar de memoria onde sexa posíbel? O carácter da súa ditadura, os seus crimes e vítimas, dende unha perspectiva profesional e crítica, que lembre ao visitante o que o autócrata fixo en vida, cando medrou, ou mentres repousaba nese
lugar?

A terceira é como resignificar. Debíase optar por un tradicional museo físico, dotado de seccións de documentación e pescuda un centro de interpretación, e unha explícita
vontade did
áctica? Ou ben era preferíbel un modelo de museo deslocalizado, que dese escaso
protagonismo a obxectos e fotos, cun meirande protagonismo dos contidos virtuais
e interactivos? Ou, en fin, un museo difuso, inserido nunha rede de espazos de memoria rexionais,
nacionais ou europeos que permitise contextualizar de maneira axeitada ese
lugar de ditador dentro de un panorama más amplo, lo que reduciría su carácter excepcional? Dentro deste último modelo, formulábanse dilemas adicionais. Cántos edificios, e que contornos, incluír? Cómpre optar por unha narrativa
nacional, ou por unha dimensi
ón transnacional da memoria
europea, que conecte espazos memoriais en pa
íses diferentes? 

Son dilemas que,
denantes ou despois, tam
én atinxirán ao Val dos
Ca
ídos. E que, de maneira máis ou menos tanxencial, tamén xurdirán no debate sobre os usos de Meirás. Non existe un modelo ou patróúnico. Pero si experiencias das que tomar
nota. Pois son varios os casos (casas de Salazar en Santa Comba D
âo, lugar natal de Mussolini, casa natal de Hitler en
Braunau) nos que o debate sobre que facer co lugar de ditador se delongou
durante d
écadas, e aínda está vivo hoxe en día, sen albiscarse unha solución de consenso.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *