Este pasado sábado visitamos da man da AC Terras do Ortegal, a escola indiana de Devesos e outros puntos do concello de Ortigueira.

A visita contou cun encontro con Orientado Fernández, fillo de Rafael Fernández Casas, mestre da escola de Souto en Sada e en Devesos (Ortigueira) asesiñado en 1936 e motivo real da viaxe a Ortigueira da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, A visita foi guiada en todo momento pola AC Terras de Ortegal a quen queremos manifestar publicamente o noso agradecemento polo trato e a visita que nos tiñan preparada.

A visita comezou no Concello de Ortigueira, onde duas guias do concello foron explicando o percorrido dos puntos que visitamos durante a mañá do sábado. Despois de visitar a Casa do Concello, fumos conducidos á igrexa parroquial de Ortigueira, ao carón da casa do Concello, onde o seu cura párroco encargouse de maneira persoal de facernos un percorrido pola historia do templo.

Desde a igrexa fumos ao muiño de vento do Campo da Torre, onde a guia municipal acompañados de Vanesa Trevín e outros membros da Asociación Terras de Ortegal, explicaron o conxunto onde nos atopabamos.

Tras a visita á igrexa pasamos desde a sancristía á casa do concello onde se atopa un antigo teatro municipal digno de ser contemplado. Alí as técnicas municipais fixeron un percorrido pola súa longa historia.

Despois convidaronnos a un pincho nun local hostaleiro do centro de Ortigueira, e acto seguido conducironnos ao porto de Espasante onde comimos.

Xa pola tarde visitamos a escola indiana de Devesos onde impartira clases ata o golpe de estado de 1936 Rafael Fernández Casas, que nese momento xa estaba dando clases na vella esocola de Souto (Sada). Nun emotivo encontro co seu fillo Orientado Fernández (ao que podemos ver no centro da imaxe xunto a 2 directivos da AC Irmáns Suárez Picallo), a persoa que en todo momento acompañounos durante todo o percorrido, Vanesa Trevín, informounos da historia da vella escola de Devesos, onde non faltou momentos para a profunda emoción das persoas presentes.

Xa de volta a Sada aproveitamos para visitar o lago e praia artificial de As Pontes onde dimos lectura a un documento explicativo do lugar e da central térmica que alí existe, e que redactou o Secretario da Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo, Abel López Soto.

Reiterar para finalizar o noso agradecemento e o traballo realizado á Asociación Terras de Ortegal.

Partillar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *