OS ACTOS DO PASADO 14 DE OUTUBRO
O pasado venres 14 de outubro tiveron lugar en Sada varios actos organizados por esta Asociación.

No transcurso do acto, léronse dous textos escritos no 1964 con motivo do falecemento de Suárez Picallo, un de Valentín Fernández e outro de Eliseo Pulpeiro, que foron achegados a esta Asociación polo historiador arxentino Hernán Díaz.
Ás 20:30 h. comezou a segunda parte da xornada na capela de San Roque.

Unha vez rematadas as intervencións, fíxose efectivo o nomeamento de Fina Varela Turnes, a filla do fotógrafo Varela Posse, como socia honoraria da nosa Asociación pola colaboración emprestada e polo afán na conservación do legado do seu pai. Entregóuselle un diploma e un ramo.
Pecharon o acto a soprano Susana de Lorenzo e o pianista Rupert Twine, que deleitaron ao auditorio cun repertorio variado: canción galega, música arxentina e francesa, etc.
Desde a Asociación Cultural Irmáns Suárez Picallo agradecemos a todos os asistentes aos actos da xornada do 14 a súa presenza nos mesmos, así como a todos os colaboradores da revista Areal, a Fina Varela, a Susana de Lorenzo e Rupert Twine.